Odón I o Grande

Odón I o Grande

Emperador romano-xermánico (962-973), rei de Xermania (936) e de Italia (951 e 961), fillo de Enrique I de Alemaña e de santa Matilde. Recuperou Lorena e obtivo do rei francés o recoñecemento do seu dominio nesta rexión (942 e 947). Interveu nas loitas de Lombardia e foi proclamado rei (951), aínda que deixou o seu goberno en mans de Berenguel II un ano máis tarde. Por mor da represión deste, o Papa Xoán XII pediulle axuda e depuxo a Berenguel. Foi novamente coroado rei de Italia e Milán e recibiu a coroa imperial de mans do papa o 2 de febreiro de 962 e restaurouse así o Sacro Imperio, vacante desde 899. Deseguido enfrontouse co papa e os romanos   ata 967. A loita cos gregos de Italia meridional solucionouna co casamento do seu fillo Odón coa princesa bizantina Teófano.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Memleben