"Omán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 328.
-
PERSOEIRO
Político polaco. Foi un dos fundadores da asociación clandestina Liga Nacional e creou no exilio o Partido Nacional Demócrata (1897) co obxectivo de restablecer o Estado polaco. Delegado de Polonia no tratado na Conferencia de Paz de París (1919), coa independencia do seu país foi deputado (1919-1921), ministro de Asuntos Exteriores (1923-1926) e dirixente da Liga Cristiá da Unión Nacional. Despois do golpe de estado de Pilsudski (1926), dirixiu unha oposición moderada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete de linguas entre os europeos e os pobos do Próximo Oriente, especialmente en misións diplomáticas ou comerciais e nas cortes reais.
-
PERSOEIRO
Historiador e político ucraíno. Profesor da Universidade de Kiev, foi destituído en 1876 pola súa defensa do nacionalismo ucraíno. Estableceuse en Xénova (1876-1889), onde editou Gromada, primeira revista nacional ucraína, de tendencia socialista. En 1889 concedéronlle unha cátedra na Universidade de Sofia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia patolóxica a fuxir.
-
REXIÓNS
Rexión de Italia setentrional que comprende as provincias de Boloña, Ferrara, Forlì-Cesana, Modena, Parma, Piacenza, Ravenna, Rimini e a rexión da Emilia (22.124 km2; 3.902.411 h [estim 2000]). É a fusión das antigas rexións da Emilia e a Romaña. A capital é Boloña. Sitúase ao S do río Po e limita ao N con Lombardia e Veneto, co Piemonte ao O, coa Toscana e as Marcas ao S e co Mar Adriático ao L. Morfoloxicamente, o territorio está constituído pola vertente oriental dos Apeninos toscanos; ao seu pé está a chaira aluvial do Po. O poboamento é disperso e acumúlase ao longo da antiga Via Aemilia. Máis da metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería, base da súa economía. Os principais recursos minerais son o petróleo, o xofre, a turba e o cemento. Na industria destaca a produción de electricidade, a mecánica de precisión e o sector conserveiro. O turismo e a pesca son tamén importantes fontes económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cerceda. Construída no s XII en estilo románico, reformouna en 1720 un mestre de Santiago de Compostela. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular que, orixinariamente, estaba cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O arco triunfal é apuntado e apóiase en semicolumnas pegadas. Cóbrese a dúas augas. Da primitiva construción consérvanse as seteiras que se abren nos muros, os contrafortes prismáticos do exterior da ábsida e o rosetón da fachada principal. Nesta destaca tamén a espadana dun só corpo e dous vans, e a cruz que a coroa. A porta norte está formada por un arco semicircular co lintel decorado con catro bastóns e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección ou hábito de escribir ou debuxar sobre temas sexuais. Son unha mostra característica os graffiti dos retretes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección esaxerada á actividade sexual por parte de persoas que, en principio, poden satisfacela libremente. No home recibe o nome de satiriase, e, na muller, de ninfomanía. Pode ser síntoma de enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
erotómano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sofre erotomanía.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. En 1938 abandonou Italia e, en 1941, trasladouse a Los Angeles onde traballou nun laboratorio fotográfico e comezou a realizar as súas primeiras imaxes. En Nova York coñeceu a Robert Capa e Edward Steichen, quen lle conseguiu o seu primeiro emprego como fotógrafo. Traballou para a axencia Magnum a partir de 1953 e tamén como fotógrafo independente. En 1946 publicou as súas instantáneas sobre cans e zapatos femininos na revista The New York Time Sunday Magazine. Coas imaxes que obtivo en 1957 da conmemoración da Revolución de Outubro en Moscova realizou unha serie para a revista Life. Especializado tamén nos retratos, destacan as imaxes de Richard Nixon, Gadafi e Marilyn Monroe. A súa obra está exposta no MOMA de Nova York e na Portrait National de Londres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novelas en que se describe a formación dun individuo durante a fase inicial da súa vida ao cargo dun titor ou dun mestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello composto esencialmente dun manómetro de aire ou de columna de mercurio, destinado a medir a presión arterial. O fundamento do método consiste en equilibrar cunha presión de valor coñecido a presión sanguínea da arteria explorada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso sexual esaxerado. No caso das mulleres recibe o nome específico de ninfomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aperiódica publicada desde 1949 (con data de 1947-1948) polo Institut d’Estudis Catalans, baixo a dirección de R. Aramon i Serra. Contén artigos e amplas recensións referentes ás linguas e ás literaturas románicas de todas as épocas. Dedicoulle unha especial atención ao catalán e á literatura catalana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desexo morboso de tomar éter como un estimulante.
-
-
Relativo ou pertencente á eteromanía.
-
Que ou quen padece eteromanía.
-
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto bizantino. Cuestor e magister officiorum durante o reinado do Emperador Basilio II, foi o autor das sentencias que se recollen no manual de dereito Peira.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escolástico. Coñecido como Exidio Colonna e Gil de Roma, foi membro da orde dos eremitas de santo Agostiño. Alumno de san Tomé de Aquino en París (1269-1272), foi profesor na Universidade da Sorbonne (1285-1295). Foi preceptor de Filipe IV de Francia e vigairo xeral dos agostiños (1292-1259) antes do seu nomeamento como bispo de Bourges en 1296. Seguidor das ideas tomistas, distanciouse do seu mestre ao afirmar que a existencia de Deus é evidente por si mesma e a separación entre esencia e existencia. Das súas obras destacan De ecclesiastica potestate, De regimine principum e Egidii Romani in libros de physico auditu Aristotelis commentaria accuratissime emendata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iaxe dun príncipe xermánico a Roma para ser coroado rei dos romanos. Xeralmente, e debido aos continuos enfrontamentos entre a curia romana e os príncipes do Sacro Imperio Xermánico, ía acompañado dunha demostración de carácter militar.