"Ondo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación menor, longa e estreita, de fondo plano, típica de Venecia, cunha proa e unha popa saíntes e aguzadas, e movida cun só remo. A armadura adoita ter, no medio, unha cabina onde sentan os pasaxeiros. É asimétrica respecto ao plano lonxitudinal, para contrarrestar o efecto de caída cara a babor que se produce ao ser impelida co remo desde estribor.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico italiano. Tomou o nome de Andrea Palladio en honor de Palas Atenea (Pallade Atena). En Vicenza traballou con Gian Giorgio Trissino, o seu protector, que o levou a Roma, onde estudiou os tratados clásicos e os monumentos clásicos e da súa época. Regresou a Vicenza en 1546, onde construíu, entre outros, os palacios della Ragione e Chiericati, as vilas Capra, coñecida como La Rotonda (1550-1552), e Barbaro en Maser, as igrexas de San Giorgio Maggiore (1565-1580) e Il Redentore (1576-1592), amais do Teatro Olimpico, iniciado en 1580. Fixo unha interpretación dos modelos clásicos que creou unha escola, o palladianismo, e influíu no neoclasicismo. Escribiu Le antichità di Roma (1554) e o tratado teórico I quattro libri dell’architettura (1570).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que manexa unha góndola.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa de Lago.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Bieito que dá nome ao concello de Gondomar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca metropolitana de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vigo, ao L cos de Tui (comarca do Baixo Miño), Vigo e O Porriño; ao O cos de Nigrán e Baiona (todos eles da comarca de Vigo) e ao S cos de Tomiño e Tui (ambos os dous no Baixo Miño). Xunto con Nigrán e Baiona integra a comarca natural do Val Miñor, articulada ao redor da conca deste río. Abrangue unha superficie de 74,5 km 2 cunha poboación de 13.371 h (2007), distribuída nas parroquias de Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios. A capital municipal é a vila de Gondomar, localizada a 42° 6’ de latitude N e 8° 45’ lonxitude O, 17 km ao S de Vigo e 110 km ao SO de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Vigo e á diocese de Tui-Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Gondomar atópase baixo o dominio climático oceánico húmido, caracterizado por... -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego Sarmiento de Acuña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Bieito de Gondomar. De orixe medieval (ss XIV-XV), pertenceu a García Sarmiento de Soutomaior, señor de Gondomar e Vincios, e ao seu fillo Diego Sarmiento de Acuña, I conde de Gondomar. Construíuse arredor do corpo central ao que se lle foron engadindo diversos corpos ata constituír unha planta que se asemella a un U, pechado polo S e cun muro de contención que crea un patio de armas. O corpo principal ten tres alturas, dous os laterais e un o resto. A cuberta orixinal era de tella curva pero as reformas do s XIX cambiárona por tella plana a catro augas, no corpo central, e a tres, nos laterais. Conserva unha solaina, con acceso directo ao patio de armas, cuberta pola terceira planta, que se apoia en columnas sinxelas na zona central e pareadas nos laterais. Ao longo do corpo central da fachada N consérvase unha terraza e, pegada á casa, a capela, baixo a advocación de santa Ana. Segundo a tradición, nela atópanse os restos do mártir Tomé Maxfildeo e de san Abudio....
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse no s XIX nun estilo neogótico de carácter historicista. Ten planta en forma de cruz latina con dous corpos pegados na fachada N que funcionan como un anexo á sancristía e almacén e outro na fachada S que conforma a sancristía, cuberta cunha bóveda de canón. A nave, de dous tramos, e a ábsida cóbrense con bóveda de aresta, e o cruceiro cunha cúpula que se erixe sobre catro pilastras. Nos seus extremos ábrense dúas capelas cubertas con bóvedas de aresta. Na fachada S hai un soportal cuberto cunha columnata de granito. Pegado a esta fachada figura un peto de ánimas con tres almiñas e a imaxe de san Bieito. A fachada principal está flanqueada por dúas pilastras laterais que simulan ter capiteis e que rematan en pináculos sobre a cuberta. A rúa central está adiante, e sobre ela sitúanse, de xeito aliñado, a porta, o rosetón, as armas de san Bieito e a torre campanario. A porta é de arco de medio punto peraltado e apóiase en dous pares de xambas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo. Coñecido como o Bispo Santo, a lenda refire que, incapaz de defender as terras do seu dominio na Mariña Lucense (966?) fronte ao ataque da escuadra comandada polo duque Ricardo I de Normandie, púxose a rezar; a axuda divina non tardaría en chegar en forma dunha forte tempestade que ocasionaría o afundimento da flota viquinga. Historicamente, a súa identidade non está plenamente documentada. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos kavirondo.
-
Individuo do pobo kavirondo.
-
Conxunto de pobos bantús relacionados lingüisticamente que habitan en África oriental, a carón do lago Vic22toria (Kenya) e tamén en áreas de Uganda e Tanzania.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Pestszentlorinc 1931 - Budapest 1972) Pintor e artista gráfico húngaro. O seu estilo resulta da conxunción do poder creador dos símbolos, do onirismo surrealista e da composición construtiva. Destacan as súas obras O rei das avespas e A entrada dos santos na cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Gondollín (Melide). Erixida por Roque Antón Sánchez, presenta unha planta irregular por mor das diversas reformas e ampliacións.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada á beira do río Thames (325.646 h [1996]). É un centro financeiro e industrial, sobre todo de maquinaria, aparatos eléctricos, peles, tecidos e produtos alimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución docente británica, fundada en Londres en 1895 por Sidney Webb. Desde 1900 ten categoría de facultade universitaria, dependente da University of London. As súas achegas científicas están recollidas en numerosas publicacións, entre as que destaca Economica (1921). Dela depende o Center for Labour Economics (1974).
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Griffith London.
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Coñecido como Jack London, destacou pola temática dos seus relatos, nos que fala da volta dun ser civilizado ao seu estado primitivo e da loita pola supervivencia. Escribiu The Son of the Wolf (1900), The Call of the Wild (1903), The People of the Abyss (1903), The Seawolf (1904), White Fang (1906), The Iron Heel (1907) e South Sea Tales (1911), ademais da autobiográfica Martin Eden.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Derry.
-