"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. Lavado da cavidade bucal.

    2. Medicamento empregado para enxaugar a boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á combinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén a ameaza dunha pena, especialmente legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é obrigatorio ou válido por un certo tempo.

    2. Que foi aprazado para unha data determinada.

    3. Norma xurídica recollida no Dixesto que lle permitía ao vendedor anular un contrato de compravenda e quedar coas cantidades satisfeitas polo comprador, no caso de que este non pagara a parte do prezo estipulado.

    4. No contrato de compravenda, facultade outorgada ao vendedor para rescindir o contrato e recuperar a cousa vendida en caso de que o comprador non realice o pagamento dentro do prazo estipulado. Está prohibido nos contratos de proba, hipoteca e anticrese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para compensar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hora de completas.

    2. completas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comproba ou serve para comprobar.

    2. Conxunto de aparatos (tacómetro, voltímetro, manómetro, oscilógrafo, etc) dispostos nunha mesma instalación, que permiten comprobar as diferentes partes do motor sen ter que desmontar cada elemento. Pódese comprobar o número de revolucións por minuto, a presión da bomba de carburante, a compresión nos cilindros, os diferentes elementos da instalación eléctrica, o avance do acendido, o contido do CO nos gases de escape, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao compromiso.

    2. cláusula compromisoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forza de compeler.

    2. Mandato xudicial de sacar compulsa dun instrumento auténtico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se comunga ou onde se sitúan os fieis para comungar.

    2. Sala onde se recibe a comuñón ou ventá a través da que comungan as monxas no convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concilia ou ten por obxecto conciliar vontades ou criterios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertence a un concordato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que condena ou serve para condenar.

    2. Pronunciamento dun xuíz ou tribunal que condena a un acusado ou que lle manda cumprir unhas obrigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que confirma.

    2. Relativo ou pertencente ao sacramento da confirmación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que expresa congratulación.

    2. Disposto á congratulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento oficial destinado a fomentar e aprender diversas artes, como a danza, a declamación, a música e o teatro. No campo musical, a súa orixe vincúlase ás institucións benéficas italianas para orfos (s XV) nas que, ademais de albergar os rapaces, se ofrecía a formación necesaria para a súa integración na sociedade, e da que formaba parte a educación musical, que facilitaba a participación dos alumnos nos cantos da liturxia. En Venecia recibiron o nome de ospedali (‘hospitais’); un dos máis importantes foi o Ospedale della Pietà, onde ensinou Antonio Vivaldi e compuxo gran parte da súa produción (concertos e obras sacras), para que as interpretasen as orfas desta institución. A finais do s XVI e comezos do s XVII, a música era a actividade principal de moitos dos orfanatos de Nápoles e Venecia, pero a finais do s XVIII estes centros experimentaron un declive e moitos deles pecharon. En 1795 fundouse en París o Conservatoire Nationale de Musique, que serviu de modelo a outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada na Coruña en 1919 pola Irmandade da Fala desa cidade co obxectivo de fomentar a cultura galega, fundamentalmente nos campos musical e teatral. A sección de declamación dirixiuna inicialmente Fernando Osorio Docampo, formado no Conservatório Superior de Lisboa. Non tardaron en aparecer as discrepancias respecto da orientación artística da compañía, pois existían notables diferencias entre os que defendían unha liña costumista, baseada nas esencias populares da cultura galega, e os que apostaban por unha renovación radical da escena. Constituíu a primeira tentativa de facer un teatro galego profesional e partía da necesidade de acometer a posta en escena de textos clásicos da literatura dramática universal como The merry wives of Windsor (As alegres casadas de Windsor), de William Shakespeare, un espectáculo que sumado a A man de Santiña, presentado en abril de 1919 sobre un texto de Cabanillas, ou a Donosiña, proposta que nacía dun texto de Xaime Quintanilla, permitiría...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consello e tribunal privado dos emperadores romanos, coñecido tamén como consistorium ou consilium principis. Reuníase para asesorar o gobernante en materia lexislativa e administrativa. No goberno do Emperador Adriano sufriu algunhas modificacións, recibiu atribucións xudiciais e fixouse unha organización estable. O Emperador Diocleciano cambiou a súa organización, presidida dende aquela polo vicarius a consiliis sacris e composto polo cuestor do palacio, o xefe do servicio, os ministros de finanzas e os comites. Despois desta reorganización recibiu o nome de sacrum consilium.

    2. Consello solemne de cardeais e outros dignatarios pontificios presididos polo papa. A medida que as congregacións de cardeais se ían transformando nas actuais congregacións da curia, converteuse nunha cerimonia formularia na que se proclamaba o nomeamento de bispos, arcebispos e cardeais, e se decidía oficialmente as canonizacións.

      1. Conxunto dos edís dun concello. Tamén se denomina corporación municipal.

      2. Edificio público onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos. Tamén se denomina casa do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento onde se informa sobre cuestións técnicas.

    2. Local ou establecemento particular no que un ou varios médicos examinan enfermos.

    3. Sección dun medio de comunicación ou dun programa televisivo ou radiofónico que dá resposta a preguntas do público sobre determinados asuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en contradición con outra cousa.

    2. Que contén ou implica contradición.

      1. Aplícase, en sentido relativo, a dous termos ou a dúas proposicións nas que unha delas é negación da outra.

      2. Aplícase, en sentido absoluto, a un termo ou a unha proposición que presenta unha contradición.

    3. Aplícase á teoría na que os axiomas permiten demostrar tanto un teorema coma a súa negación.

    VER O DETALLE DO TERMO