comisorio -ria
comisorio -ria
(< lat commissorĭu)
-
adx
Que é obrigatorio ou válido por un certo tempo.
-
adx
Que foi aprazado para unha data determinada.
-
lei comisoria
[DER]
Norma xurídica recollida no Dixesto que lle permitía ao vendedor anular un contrato de compravenda e quedar coas cantidades satisfeitas polo comprador, no caso de que este non pagara a parte do prezo estipulado.
-
pacto comisorio
[DER]
No contrato de compravenda, facultade outorgada ao vendedor para rescindir o contrato e recuperar a cousa vendida en caso de que o comprador non realice o pagamento dentro do prazo estipulado. Está prohibido nos contratos de proba, hipoteca e anticrese.