"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botella’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botellazo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde ás voces ‘botar, guindar, parir’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado alto, máis pequeno ca a bota, que chega a cubrir o pé e o nocello.
-
-
Bens ou obxectos de valor (armas, cartos, gando, etc) que os vencedores dunha batalla tiñan dereito a tomar dos inimigos vencidos. Considerado un dereito clásico da guerra, hoxe en día é internacionalmente rexeitado.
-
Conxunto de obxectos roubados ou apreixados empregando métodos violentos.
-
-
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidad de Deusto. Presidente do consello de administración do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1958 e foi nomeado conselleiro en 1960. En 1962 foi nomeado director xeral, vicepresidente segundo en 1971 e conselleiro delegado en 1977. Sucedeu a seu pai na presidencia do Banco en 1989. Pertence aos consellos de administración de Fuerzas Eléctricas de Cataluña, Compañía Española de Petróleo, Banco Comercial Español e Compañía Telefónica Nacional de España. É membro e vicepresidente do xurado dos Premios Príncipe de Asturias, membro do Bank Deposit Guaranty Foundation e da fundación Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz da Orden de Bernardo O’Higgins de Chile. En 1991 recibiu o Premio Futuro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto. Vicepresidente segundo do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1957 e en 1960 foi nomeado subdirector xeral. En 1965 entrou na xunta directiva do Banco Intercontinental (Bankinter), da que foi nomeado presidente en 1986. É membro da Fundación Marcelino Botín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bota que cobre o pé e o nocello e que empregaban as mulleres no traxe tradicional de faena; estaba feita de coiro e tiña a base de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe establecida en Santiago de Compostela. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Botixo, Botixeiro, Botixeira e Botexo. As súas armas levan, en campo de goles, un porrón.
-
-
Recipiente, xeralmente de barro, máis ancho na parte superior ca no pé, cunha asa na parte superior central e dous bicos, un para enchelo e outro, máis pequeno, para beber, que se usa para levar e conservar a auga fresca.
-
Recipiente de vidro cun bico longo en forma de cono, que se emprega para beber botando o líquido desde o alto cara á boca.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos bucerótidos.
-
Ave da familia dos bucerótidos.
-
Familia de aves da orde dos coraciformes á que pertencen os calaos.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe de carácter relixioso aparecida a mediados dos anos setenta do s XX en Ferrol. Trátase dunha colección de fichas centradas en aspectos relixiosos e sociolóxicos. Coordinada por Alfonso Gil Montalvo, contaba coa colaboración de X. M. Montero, Manuel Mejuto, Ramón Díaz Raña, Gonzalo Folgueira e Gabriel Vázquez Seijas, entre outros. En outubro de 1976 modificou o seu encabezamento polo de Boa Nova “Material de traballo para Homilía e Catequese”. En lingua galega aparecen recollidos unha serie de artigos titulados “Renovarse ou morrer”, “Os feitos falan” ou “Un mundo a medrar”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Xacobino, interveu activamente nas sucesivas etapas da Revolución. Despois da caída de Robespierre, permaneceu máis dun ano no cárcere onde coñeceu a Babeuf. Colaborou activamente na Conspiration de l’Égalité; fracasada esta, foi condenado e deportado a Oléron de onde saíu amnistiado por Napoleón. Participou, logo, noutra fracasada conspiración contra o emperador da que tivo que fuxir a Suíza. Membro dos carbonarios tomou parte no movemento nacionalista italiano, o que o levou a ser expulsado do país. Instalado en Bruxelas, escribiu Histoire de la Conspiration de l’Égalité (Historia da Conspiración dos Iguais, 1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, pintor, arquitecto e poeta. Tras superar a oposición do seu pai, ingresou con trece anos na bottega de Domenico Ghirlandaio en Florencia, onde coñeceu a técnica do fresco e colaborou na realización dos frescos da igrexa de Santa Maria Novella. Posteriormente, estudiou escultura nos xardíns dos Medici, baixo a protección de Lorenzo o Magnífico e a dirección de Bertoldo di Giovanni, discípulo de Donatello. Nesta época esculpiu a Centauromaquia (1490-1492), onde xa manifestaba a súa preocupación pola anatomía. Trala caída dos Medici, instalouse en Boloña, onde estudiou a obra de Iacopo della Quercia. En 1495 regresou a Florencia e traballou para Pierfrancesco de Medici. Un ano despois realizou a súa primeira viaxe a Roma onde esculpiu o Bacus (1496-1497) para o banqueiro Iacopo Balli e a Pietat do Vaticano (1498-1499). Volveu a Florencia en 1501; realizou, daquela, o David (1501-1504) e recibiu o encargo de decorar a sala do consello do Palazzo della Signoria onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Il Giovane, sobriño do célebre escultor toscano do mesmo nome. É autor de farsas rústicas e de obras cortesás moi ricas en escenografía. Publicou as obras Tancia (1612) e Fiera (1618).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de gravación en cobre e con relevos, realizado a través de pranchas, dunhas composicións tipográficas con caracteres movibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento fotográfico patentado por W. H. F. Talbot no 1841, que consiste en fixar a imaxe sobre papel fotosensible mediante o proceso negativo-positivo. Permite a tiraxe de copias e foi a orixe dos procedementos modernos de fotografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fotografía obtida por calotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sombreiro de palla de ala recta e coa copa plana e baixa.