Buena Noticia
Buena Noticia
Publicación bilingüe de carácter relixioso aparecida a mediados dos anos setenta do s XX en Ferrol. Trátase dunha colección de fichas centradas en aspectos relixiosos e sociolóxicos. Coordinada por Alfonso Gil Montalvo, contaba coa colaboración de X. M. Montero, Manuel Mejuto, Ramón Díaz Raña, Gonzalo Folgueira e Gabriel Vázquez Seijas, entre outros. En outubro de 1976 modificou o seu encabezamento polo de Boa Nova “Material de traballo para Homilía e Catequese”. En lingua galega aparecen recollidos unha serie de artigos titulados “Renovarse ou morrer”, “Os feitos falan” ou “Un mundo a medrar”.