"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Cultura prehistórica do norte de África que sucedeu ao Ateriense e se desenvolveu durante o Paleolítico superior e o Mesolítico. O xacemento característico é Rammadiya, onde se atoparon moreas de cinsa, instrumentos microlíticos de sílex e cunchas de caracol. En Kenya descubriuse unha industria lítica semellante que levou aos especialistas a definir alí unha variante rexional desa industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Comezou os estudios no Conservatorio do Liceu de Barcelona, onde debutou en 1914 con Rigoletto. Foi profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Barcelona. Actuou con grande éxito nos mellores teatros de Europa e América. Compuxo algunhas melodías, entre as que destaca Transcripció per a cant dúnes variacions sobre un tema de Mozart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das unidades proteicas que constitúen a cápside dun virión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera cousa que teña forma de recipiente ou caixa pequena ou mesmo de bolsa.

      1. Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos. Poden presentala moitas bacterias, diversas algas, radiolarios, etc.

      2. cápsula mucosa

        Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias, con estrutura homoxénea de baixa densidade e grosor variable, composta xeralmente por algún polisacárido de aspecto mucoso. Utilízase para a produción industrial de axentes xelificantes ou viscosos a partir de microorganismos.

      1. Membrana que envolve un órgano ou parte dun órgano, como a cápsula adiposa do ril, que o envolve e o sostén; a cápsula de Bowman, que envolve o glomérulo renal; a cápsula de Glisson, que envolve o fígado, etc.

      2. cápsula articular

        Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.

      3. cápsula externa

        Capa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.

      4. cápsula interna

        Capa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico, por unha parte, e o núcleo lenticular, por outra. Ten un brazo anterior e un posterior. Por ela pasan as vías piramidais motoras procedentes dos centros corticais e as vías sensitivas ou cinta de Reil. A súa lesión provoca a hamiplexia máis común, chamada capsular.

      5. cápsula suprarrenal

        Glándula suprarrenal.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de capsular unha botella.

    2. Acción de colocar os medicamentos en cápsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de capsular.

    2. Aplícase ao microorganismo provisto de cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para capsular.

      1. Persoa que pecha as botellas ou os frascos con cápsulas, especialmente aquelas que traballan en industrias farmacéuticas e de bebidas.

      2. Persoa que prepara os comprimidos ou cápsulas.

      1. Máquina ou aparello para poñer as cápsulas sobre o tapón e pechar as botellas.

      2. Aparello ou dispositivo empregado para dosificar e encher as cápsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou semellante a unha cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar con cápsulas as botellas ou frascos.

    2. Preparar un medicamento en cápsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección parcial dunha cápsula articular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cápsula’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce froitos capsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do froito ou órgano vexetal que se asemella a unha cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito seco, indehiscente, monospermo, co pericarpo delgado e intimamente adherido á semente, como o das poáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno psicomotor que afecta ao ton muscular e á iniciativa motriz. Consiste nunha hipertonía ríxida acompañada da incapacidade de movementos espontáneos e do mantemento das posturas impostas. Preséntase nalgúns enfermos esquizofrénicos e en histéricos, pero tamén pode ser provocada por hipnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos enzimas hidrolíticos intracelulares do grupo das endopeptidases, como a catepsina C e a D. As catepsinas localízanse en moitos tecidos, principalmente no fígado, nos riles e no bazo. Son as principais responsables da autólise post mortem dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das agrupacións macromoleculares, bastante complexas, que incesantemente se forman no citoplasma. Teñen propiedades físicas e químicas totalmente diferentes ás dos seus constituíntes. Distínguense as lipídico-protídicas e as glicídico-protídicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída en Madrid en 1929 cun capital de 75 millóns de pesetas dedicada a actividades integradas e relacionadas co petróleo e a petroquímica. Foi fundada por banqueiros como contrapunto de CAMPSA, coa que asinou un contrato de subministración no mesmo ano da súa creación. O seu punto de partida foron unhas explotacións petrolíferas en Venezuela. Construíu refinerías en Santa Cruz de Tenerife (1930), no Campo de Gibraltar (1969) e en La Rábida (1991), e ten factorías en Las Palmas e Ceuta. En 1994 controlaba o 25% do mercado español de carburante. Os seus principais accionistas son o Banco Santander Central Hispanoamericano e a empresa francesa Elf-Aquitaine. Posúe, entre outras, as filiais Krafft, Cepsa Lubricantes, Petresa e Interquisa, e en 1997 absorbeu Ertoil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratópsidos.

    2. Dinosauro da familia dos ceratópsidos.

    3. Familia de dinosauros cuadrúpedes da suborde dos ceratopsios, relegados ao oeste da actual América do Norte, á que pertencen os xéneros Anchiceratops, Arrhinoceratops, Centrosaurus, Chasmosaurus, Pachyrhinosaurus, Pentaceratops, Styracosaurus, Torosaurus e Triceratops.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratopsios.

    2. Dinosauro da familia dos ceratopsios.

    3. Suborde de dinosauros, de cabeza de gran tamaño, con peteiro agudo, cornos longos no fociño e na fronte, e unha capa córnea que se expande sobre o pescozo e os ombreiros do animal. Vivían en mandas durante o Cretáceo e alimentábanse principalmente dos primeiros arbustos fanerógamos aparecidos. Engloba as familias dos ceratópsidos, dos psitacosáuridos e dos protoceratópsidos.

    VER O DETALLE DO TERMO