CEPSA

CEPSA
Nome científico: [Compañía Española de Petróleos S A]

Sociedade constituída en Madrid en 1929 cun capital de 75 millóns de pesetas dedicada a actividades integradas e relacionadas co petróleo e a petroquímica. Foi fundada por banqueiros como contrapunto de CAMPSA, coa que asinou un contrato de subministración no mesmo ano da súa creación. O seu punto de partida foron unhas explotacións petrolíferas en Venezuela. Construíu refinerías en Santa Cruz de Tenerife (1930), no Campo de Gibraltar (1969) e en La Rábida (1991), e ten factorías en Las Palmas e Ceuta. En 1994 controlaba o 25% do mercado español de carburante. Os seus principais accionistas son o Banco Santander Central Hispanoamericano e a empresa francesa Elf-Aquitaine. Posúe, entre outras, as filiais Krafft, Cepsa Lubricantes, Petresa e Interquisa, e en 1997 absorbeu Ertoil.

Palabras veciñas

Cepola | cepólido -da | Ceponio | CEPSA | cepudo -da | Cequeira | Cequeliños