Cequeira

Cequeira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que emprega tamén as formas Sequeira e Serqueira. Unha rama pasou a La Habana. As súas armas levan, escudo de goles, dividido en seis cuarteis por unha cruz de sable, de dous brazos, que toca cos seus extremos os do escudo, e en cada cuartel, un roel de ouro; bordo do mesmo metal.

Palabras veciñas

Ceponio | CEPSA | cepudo -da | Cequeira | Cequeliños | Cequeril | cera