Ceponio

Ceponio

Bispo galego. Non se sabe con certeza se ocupou a cadeira de Tui ou Braga. Foi un dos máis firmes combatentes, xunto con Idacio, das doutrinas herexes priscilianistas. Atribúeselle tamén a autoría de dúas obras desaparecidas: unha versión da Xénese en hexámetros latinos e a fábula de Faetonte, na que se narra a caída de Satanás dende o Ceo.