"Quel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 149.

  • arsenopirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo neutro aquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo masculino aqueloutro(s) ou o feminino aqueloutra(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Estudou en Sant Carles de València e nun principio traballou como pintor, pero desde 1972 dedicouse á escultura. Fixo construcións imaxinarias coas que evocou elementos arquitectónicos, máquinas e mobles, entre outros, que agrupou con intención de recrear a paisaxe urbana, utilizando materiais como metais ou cerámica. Tamén realizou escenografías teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do endoesqueleto dos vertebrados que recobre e protexe o sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, entre o cobalto e o cobre, de número atómico 28 e peso atómico 58,6934. O produto natural está formado por cinco isótopos estables (58, 60, 61, 62 e 64). Puidéronse obter sete isótopos radioactivos. O metal foi atopado en 1751 por A. F. Cronstedt, a partir da niquelina (NiAs). A súa abundancia na codia terrestre é dun 0,018%. Os minerais máis importantes son a polidimita e a pentlandita. O níquel está presente en todas as terras de cultivo (de 2 a 17 ppm); con todo, non é indispensable, como o cobalto, para a vida das plantas, para as que un exceso de níquel é incluso tóxico. Obtéñense no laboratorio pequenas cantidades de níquel que se emprega como catalizador. O níquel reducido, utilizado por P. Sabatier e J. B. Senderens nas hidroxenacións orgánicas, prepárase reducindo o óxido ou hidróxido de níquel por hidróxeno entre 300°C e 500°C. O ácido clorhídrico, o ácido sulfúrico, o ácido nítrico, o ácido fosfórico, a augaforte,...

    2. Sal hexahidratada de cor verde esmeralda, lixeiramente eflorescente, que se funde a 100°C. Emprégase nos baños de niquelado e como mordente nas fábricas de tinguidura e de estampados.

    3. Composto de estrutura especial, moi tóxico, refrinxente e dun olor desagradable, que se obtén polo paso do monóxido de carbono sobre níquel finamente dividido. Os vapores producen irritación, conxestión e edema pulmonar. Unha exposición longa pode producir cancro de pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de niquelar.

    2. Que está recuberto de níquel.

    3. niquelaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar un baño de níquel a unha superficie, xeralmente metálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en recubrir cunha capa fina de níquel un metal ou un plástico, para protexelo da corrosión, para reparar partes gastadas ou ben con finalidades decorativas. Realízase por procedementos electrolíticos, que se efectúa mediante o paso dunha corrente eléctrica a través dunha solución de sulfato, sulfamato ou fluoroborato de níquel e cloruro de níquel en ácido bórico, ou por procedementos químicos, que se efectúa por submersión do obxecto que cómpre niquelar nun baño quente de sales de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao níquel.

    2. Que contén níquel.

    3. Aplícase aos compostos de níquel en que este ten un número de oxidación de +3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rocha ou ao mineral que contén níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de níquel, de fórmula NiAs. É un mineral que cristaliza no sistema hexagonal e que se presenta normalmente en masas irregulares. Dunha cor vermella de cobre e de brillo metálico, ten unha dureza de 5-5,5 e unha densidade de 7,78. OBS: Tamén se denomina pirita vermella de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao níquel.

    2. Que contén níquel.

    3. Aplícase especialmente aos compostos de níquel en que este ten unha valencia ou un número de oxidación de +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador de publicacións como Serra d’Or e El Pont, destacan as suas obras poéticas Lotus (1972), L’aneguet lleig (1977) e El porxo de las mirades (1982, Premi Carles Riba). Como narrador publicou a triloxía El jardí dels set crepuscles (1989, Premi Joan Creixell, Premi Serra d’Or e Premio Nacional de la Crítica 1990), o libro de contos Contes per a vells adolescents (1998, Premi Víctor Català 1997), El Quincorn (1998, Premi Sant Jordi) e o libro de aforismos Els proverbis (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cuenca (Ecuador) (1858-1875), arcebispo de Santiago de Compostela (1875-1886), capelán maior da raíña rexente María Cristina, arcebispo de Toledo (1886), cardeal (1877) e patriarca das Indias Occidentais (1886). Fundou o psiquiátrico de Conxo e obtivo a conversión do seminario de Santiago de Compostela en Universidade Pontificia, coa facultade de conferir graos académicos. Restaurou e impulsou as escavacións arqueolóxicas (1879) levadas a cabo por A. López Ferreiro e X. Labín Cabello na catedral de Santiago de Compostela, co propósito de atopar os restos do Apóstolo Santiago. Foi senador pola provincia de Gipuzkoa (1871-1872) e por dereito propio (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gabeador azul.

    VER O DETALLE DO TERMO