niquelaxe

niquelaxe

(< níquel)

s f [IND]

Operación que consiste en recubrir cunha capa fina de níquel un metal ou un plástico, para protexelo da corrosión, para reparar partes gastadas ou ben con finalidades decorativas. Realízase por procedementos electrolíticos, que se efectúa mediante o paso dunha corrente eléctrica a través dunha solución de sulfato, sulfamato ou fluoroborato de níquel e cloruro de níquel en ácido bórico, ou por procedementos químicos, que se efectúa por submersión do obxecto que cómpre niquelar nun baño quente de sales de níquel.

Palabras veciñas

níquel | niquelado -da | niquelar | niquelaxe | niquélico -ca | niquelífero -ra | niquelina