"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos bois ou a outros animais que presentan as patas cunha cor distinta á do resto do corpo.
-
GALICIA
Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro fundador e presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-1988). Desempeñou as funcións de director de edicións en Edicións Xerais de Galicia (1990-1993) e de director xeral dende 1994. Membro da xunta directiva da Federación de Gremios de Editores de España e do relatorio de lingua do Consello da Cultura Galega. É director da Revista Galega de Educación e colaborador en distintas publicacións (Faro de Vigo, La Región, etc). Participou no consello de redacción dos suplementos de educación “A Pizarra” (Faro de Vigo) e “Na escola” (La Región e Atlántico Diario). Publicou varios libros de carácter pedagóxico e para primeiros lectores, entre os que destaca Dona Carme (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Militante da Confederación Nacional del Trabajo (CNT). Asentouse en Vigo en 1923 e, ao pouco de chegar, viuse implicado no conflito da construción e no estoupido dunha bomba na Casa do Pobo, feito polo que ingresou no cárcere. Durante a Segunda República traballou xunto aos boteiros do porto e no artellamento do Sindicato del Transporte Marítimo. Colaborou no voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Solidaridad Obrera, e no xornal madrileño CNT. Escribiu Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo (1933), relato da folga dos mariñeiros da flota de altura, acontecida no segundo semestre de 1932.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, realizador cinematográfico e teatral italiano. Publicouse, trala súa morte, un manifesto no que definía a fotografía dende o seu punto de vista futurista titulado Fotodinamismo futurista (Turín, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tecido basto co que se facían as bragas.
-
Ovos dalgúns peixes e crustáceos.
-
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na rexión de, Portugal, na beira do río Sabor, a 12 km da fronteira española coa comarca da Sanabria, o seu concello está integrado por 49 freguesías, 47 rurais e 2 no núcleo urbano da capital (16.600 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Situada ao pé das estribacións setentrionais da Serra de Nogueira, sobre un contexto litolóxico dominada polos xistos, nun dos distritos menos desenvolvidos de Portugal, do que é o principal núcleo urbano dunha rexión eminentemente agraria e as súas principais funcións económicas son as comerciais e administrativas.
Historia
Bragança foi a cidade prerromana de Brigantia, que se converteu en época romana en Juliobriga. Coas invasións bárbaras e musulmanas a primitiva vila desapareceu e non foi restaurada ata o 1130. En 1187 Sancho I concedeulle foro. En 1467 o Rei Afonso V concedeulle o título de cidade a petición do segundo duque de Bragança, Fernando I (1403-1478). A importancia histórica... -
DISTRITOS
Distrito do estremo NL de Portugal, na rexión de Trás-os-Montes (6.597 km2; 154.700 h [estim 1993]). A súa capital é Bragança. O río Douro marca os límites oriental (coas provincias españolas de Zamora e Salamanca, na comunidade de Castela e León) e meridional (cos distritos de Guarda e Viseu). A altitude media é elevada. Os principais accidentes do relevo son a serra do Mogadouro, no SL, e a serra de Nogueira, que atravesa o distrito pola metade en sentido N-S e constitúe a divisoria de augas entre os seus principais sistemas fluviais. Os ríos Sabor e Tuela, ambos os dous tributarios do Douro e cun curso de dirección NL-SO, artellan senllas concas fluviais que drenan todo o territorio. Constituído por 12 concellos e 298 freguesías, o distrito baséase na organización territorial eclesiástica: a diocese creouse en 1770, segregada da de Miranda, que fora creada en 1545; en 1780 reuníronse de novo nunha soa, aínda que desta volta a sé episcopal estableceuse en Bragança,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre portuguesa que deu o seu nome á cuarta dinastía real (1640-1853) e á imperial brasileira (1822-1889). O seu fundador foi Afonso, conde de Barcelos (1377 - 1460), fillo natural do Rei Xoán I, que recibiu o título de Duque de Bragança en 1442. En 1640, o oitavo Duque de Bragança, João II (1604 - 1656) acadou o trono co nome de Xoán IV. Dende entón o Ducado de Bragança foi o título dos herdeiros da coroa portuguesa. Foron reis de Portugal: Afonso VI (1656 - 1683), Pedro II (1648 - 1706), Xoán V (1689 - 1750), Xosé I (1714 - 1777), María I (1734 - 1816) e Pedro III (1717 - 1786) Rei consorte dende 1777 a 1786, Pedro IV (1798 - 1834), María II (1828 - 1853), Pedro V (1837 - 1861), Xoán VI (1767 - 1826), Luís I (1838 - 1889) e Manuel II (1889 - 1932). Durante a ocupación napoleónica, Xoán VI tivo que trasladar a corte a Brasil dende 1807 ata 1821. En 1826, trala súa morte, a familia dividiuse en dúas ramas encabezadas polos seus fillos Pedro IV e o infante Miguel. Pedro IV deixoulle...
-
-
Relativo ou pertencente a Bragança ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bragança.
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe no topónimo portugués Bragança. Este nome de lugar deriva, á súa vez, de *brigantia, termo formado coa base celta briga ‘altura, elevación’. Este apelido documéntase en textos galegos desde o s XII: “Menendus Bregancia alferez regis” (doc ano 1158 en P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, 1976 p 439), “Menendus Bragancia alferiz” (doc ano 1158 en Manuel Lucas Álvarez El tumbo de san Julián de Samos: siglos VIII-XII, 1986, p 478).
-
Liñaxe de orixe portuguesa que pasou a Galicia e emparentou con ilustres familias como Valcárcel, Losada, Balboa, Pimentel, Figueroa, etc. As súas armas levan, en campo de azul, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de seis dados ou quinas de prata, cargadas de cadanseus cinco puntos de sable, postos en aspa. Tamén se recolle outra variante que trae, en campo de azul, cinco crecentes de prata, postos en aspa, con cadansúa estrela de ouro.
-
-
GALICIA
Músico, fillo de violonchelista. Dedicouse á música de maneira autodidacta, chegando a abranguer unha formación polifacética. Reivindicou un conservatorio para a súa cidade pero, ao vivir nun ámbito pechado e por mor da súa timidez, a súa figura apenas chegou a trascender. Tivo como discípulos a Roxelio Groba, Maximino Zumalave, Joam Trillo ou Xosé V. Ferreirós, un dos membros do grupo Milladoiro. Entre a súa produción musical destacan dous títulos: Amor enxebre e Follas novas, peza moi coñecida polas bandas de música. Para compoñer Follas novas botou man de numerosos temas melódicos de Galicia, sen chegar a desenvolvelos, pois en calquera atopaba variacións abondo para compoñer unha nova obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación da ionización específica causada no aire por partículas α, en función da distancia con respecto á fonte de partículas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que afirma que a interferencia das ondas (raios X ou γ, ou ondas asociadas a electróns ou neutróns, de lonxitude da onda comparable coas distancias atómicas en cuestión) reflectidas polos planos dun cristal é construtiva. Forma, xa que logo, un patrón de difracción se se satisfai a expresión sen ϴ = nλ/2d, onde ϴ é o ángulo formado pola dirección de propagación do feixe incidente e os planos do cristal; λ representa a lonxitude da onda incidente; d representa a distancia entre os planos do cristal e n é un enteiro que dá o número de orde da reflexión. A lei de Bragg é útil en cristalografía posto que permite determinar os parámetros do cristal. Tamén se coñece como lei de Bravais.
-
PERSOEIRO
Físico inglés. Profesor nas universidades de Adelaide (1886) e Leeds (1908). Estudiou a penetración e o poder ionizante das partículas α e construíu un espectrógrafo de altas frecuencias. Xunto co seu fillo, William Lawrence Bragg, estudiou a reflexión e a difracción dos raios X sobre cristais, seguindo os traballos de von Laue. Por estas técnicas compartiu co seu fillo o Premio Nobel de Física en 1915. Foi presidente da Royal Society. É o autor de Radioactivity (Radioactividade, 1912), X-Rays and Crystal struture (Raios X e estrutura do cristal, 1915), Concerning the Nature of Things (Sobre a natureza das cousas, 1925) e The Universe of Light (O universo da luz, 1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés, fillo de William Henry Bragg. Traballou co seu pai, con quen estableceu a lei de Bragg. Substituíu a E. Rutherford como profesor na Universidade de Manchester e como director do laboratorio Cavendish de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu pai en 1915. É o autor de The Crystalline State (O estado cristalino, 1934), Electricity (Electricidade, 1936) e Atomic Struture of minerals (Estrutura atómica dos minerais, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de platino, de fórmula PtS. Cristaliza no sistema tetragonal. Os seus cristais presentan un brillo metálico e ten peso específico 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pantalóns’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da elocuencia e da poesía, na mitoloxía escandinava.
-
-
endaxe ou aparello ortopédico que se emprega para comprimir as roturas ou conter as hernias.
-
Cada un dos cabos que suxeitan o temón dun barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura practicada na parte superior dianteira dos pantalóns, calzas, cirolas, etc.