Bragg, William Henry
Bragg, William Henry
Físico inglés. Profesor nas universidades de Adelaide (1886) e Leeds (1908). Estudiou a penetración e o poder ionizante das partículas α e construíu un espectrógrafo de altas frecuencias. Xunto co seu fillo, William Lawrence Bragg, estudiou a reflexión e a difracción dos raios X sobre cristais, seguindo os traballos de von Laue. Por estas técnicas compartiu co seu fillo o Premio Nobel de Física en 1915. Foi presidente da Royal Society. É o autor de Radioactivity (Radioactividade, 1912), X-Rays and Crystal struture (Raios X e estrutura do cristal, 1915), Concerning the Nature of Things (Sobre a natureza das cousas, 1925) e The Universe of Light (O universo da luz, 1933).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wigton, Cumberland -
Deceso
Lugar : Londres