"RAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos frinxílidos ao que pertence o bicogroso.
-
PERSOEIRO
Folclorista, psicólogo e musicólogo francés. Estudiou a canción tradicional francesa. Escribiu, entre outras obras: Recherches sur notre ancienne chanson populaire traditionnelle (Anotacións sobre a nosa antiga canción popular tradicional, 1927-1933), Notre chanson folklorique (A nosa canción folclórica, 1941) e La formation de nos chansons folkloriques (A formación das nosas cancións folclóricas, 1953-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Proceso de movemento desconcentrador de persoas e actividades económicas dende as áreas urbanas cara ás áreas rurais e dende as metrópoles e cidades cara ás vilas e aldeas.
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento conceptual
O concepto de contraurbanización xurdiu nos EE UU na década de 1970 para denominar un proceso contrario ao da urbanización tradicional: fronte á urbanización clásica definida por movementos centrípetos de poboación e fluxos económicos cara ás principais cidades e grandes áreas metropolitanas, apareceu un proceso de sentido contrario, de movementos centrífugos dende as grandes cidades cara a pequenos asentamentos urbanos e rurais. Representa unha inversión do sentido dos fluxos demográficos e económicos nos sistemas de asentamento dos países máis desenvolvidos, que a partir dela se verifican fundamentalmente en sentido descendente, dende os asentamentos de poboación de maior volume cara aos menores. Os fluxos de poboación urbana cara ás áreas rurais caracterízanse pola... -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Realizou estudos de tecnoloxía de gráficos. Participou, entre outras, nas exposicións colectivas La Photographie Contemporaine en Amerique Latine no Centre Georges Pompidou (París, 1982); A View from Inside, na Ledel Gallery (Nova York, 1985), e na V Fotobienal (Vigo, 1992). Individualmente expuxo no Museo Nacional de Bellas Artes e no Museo del Pueblo Combatiente, de La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Centrou a súa obra na rexión de Entre Douro e Minho, e incorporou nela os dialectalismos. Da súa produción destacan Terra ingrata (1946), Montes pintados (1960), Noite de fogo (1974) e Outro Mundo (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado de sequidade e retracción dalgunhas zonas da pel ou da mucosa.
-
Atrofia e retracción dos xenitais externos femininos, probablemente relacionada coas modificacións hormonais propias do climaterio.
-
-
GALICIA
Químico. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou a cátedra de Química Orgánica da facultade de Farmacia da mesma universidade e a dirección do Laboratorio Municipal de Santiago de Compostela. Recibiu a medalla de Afonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante, dramaturgo e actor. Coñecido como Copi, inicialmente colaborou en revistas satíricas arxentinas. En 1962 trasladouse a París onde colaborou no Nouvel Observateur. Nesta cidade traballou con outros creadores teatrais como Jorge Lavelli, Víctor García ou Fernando Arrabal. As súas creacións escénicas tiñan como obxectivo a desmitificación da sexualidade e a presentación e análise en escena de todo tipo de tópicos e tabús relacionados co sexo, principalmente coa homosexualidade, e os prexuízos que provocan. Entre as súas propostas máis innovadoras hai que citar Santa Genoveva en la bañera (1966), que interpretaba un actor nu nunha bañeira, L’homosexuel ou la difficulté de s’exprimer (O homosexual ou a dificultade de expresarse, 1971), Loretta Strong (1974) ou La nuit de Madame Lucienne (A noite de madame Lucienne, 1984). En 1987 recibiu en París o Premio Nacional de Literatura Dramática, e en 1988 apareceu, postumamente, a súa obra Una visita inoportuna,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor dramático e guionista. Comezou a súa actividade teatral como actor nos grupos Tespis e Compañía Luís Seoane e protagonizou, en 1988, O mozo que chegou de lonxe do Centro Dramático Galego. Como escritor é un dos máis relevantes autores da denominada Xeración dos 90. Aínda que a súa primeira incursión na escrita dramática é Sopa de estrelas, estreada en 1988 pola compañía Salamántiga, seguida de Waterlook, publicada na revista Ólisbos en 1990, deuse a coñecer con Matalobos, Premio Rafael Dieste de Literatura Dramática da Deputación da Coruña no ano 1993, estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago en 1994. Nese ano recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro por Lugar, aínda que non foi estreada ata o ano 1999 polo Centro Dramático Galego. Estruturalmente complexa, sobre todo no que se refire aos saltos espaciais e temporais, o núcleo argumental da obra xira arredor da historia dun encoro que anega un territorio chamado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ecólogo canadense. Investigou a dinámica da vexetación. É autor de Biogeography an ecological perspective (Bioxeografía como perspectiva ecolóxica, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta occitano. Estudiou en Toulouse e foi capelán. Constitúe unha das maiores testemuñas da amplitude da renacenza occitana na Gascoña do s XVII. Da súa ampla produción destacan Lou beray e naturau gascou en las quate sasous de l’an (1636) e Lou trimfe de la lengouo gascouo am playdeiatz de las quouate sasous e deus quouate Elemens, daouant lou pastou de Loumaigne (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor de mimo francés. Comezou a traballar en París, no Boulevard du Crime e no Théâtre des Funambules, e fixo unha destacada recreación de Pierrot.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de defraudar.
-
Defraudación cometida contra a propiedade industrial que inclúe as accións de competencia ilícita e a falsa indicación de competencia, falsificación, imitación e usurpación.
-
Defraudación que priva a outra persoa do que por dereito lle corresponde como propiedade sobre unha produción intelectual. Un tipo desta defraudación é a referida á propiedade literaria. A pena que deriva deste delito implica a perda dos exemplares publicados ilegalmente, que han ser devoltos ao propietario defraudado nos seguintes casos: cando se falsifique o título dunha obra ou se imprima coma se fose editada en España cando xa estaba publicada no estranxeiro; cando se importen obras sen pagar os correspondentes dereitos de alfándega; cando nas obras se imiten os títulos doutras para que sexan confundidas con estas; cando se leven a cabo, en España, reproducións de obras de propiedade particular, publicadas en castelán por primeira vez no estranxeiro; e cando se prexudica a autores estranxeiros con algunha das accións mencionadas, sempre e cando entre España e o país estranxeiro implicado exista reciprocidade.
-
Defraudación que realiza o suxeito pasivo co fin de cometer unha fraude á Facenda Pública eludindo o pago dos tributos e o cumprimento das demais obrigas tributarias. Supón a vulneración dunha norma administrativa e a diminución de ingresos para a Facenda Pública.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen defrauda.
-
-
Privar a unha persoa física ou xurídica do que lle pertence por dereito.
-
Eludir o pagamento de tributos mediante a ocultación da base impoñible real.
-
Cometer un delito contra a propiedade caracterizado pola concorrencia dun engano e dun prexuízo económico á persoa física ou xurídica defraudada.
-
Causar frustración unha cousa ou unha persoa por non ser como se agardaba.
-
-
PERSOEIRO
Político chipriota. Foi vicepresidente de Chipre en 1973. En 1975, un ano despois do golpe de estado e a posterior ocupación turca, creou o Estado Federado Turco de Chipre, desde 1983, República Turca de Chipre do Norte. Foi elixido presidente en 1985, 1990 e 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gurgullos ao que pertence a especie D. betulae, que se alimenta das follas dos bidueiros.
-
-
Relativo ou pertencente aos engráulidos.
-
Peixe da familia dos engráulidos.
-
Familia de peixes, da orde dos clupeiformes, á que pertence o bocarte.
-