"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico canadense. Tanto a través dos seus documentais como dos propios filmes de fición, este director amosa, moitas veces dende unha posición pesimista, unha visión da realidade política e social ligada ao mundo francófono do seu país. Foi autor de películas como Rejeanne Padovani (1973), Gina (1974), Jesus de Montreal (1989) e Love and human remains (Amor e restos humanos, 1994), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de potasio, de fórmula K2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son de cor branca. Ten peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do que está oculto.

    2. Misterio ou segredo do que non se facilita coñecemento. OBS: Utilízase en plural xeralmente.

      1. Suposto gran segredo da natureza que a alquimia tentaba descubrir.

      2. Remedio secreto e poderoso.

    3. Nalgunhas relixións, parte da doutrina ou do culto que se mantén secreta para os non iniciados. Nos primeiros séculos do Cristianismo obsérvase unha práctica semellante sobre certos elementos doutrinais ou culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arcanxos.

    2. Da natureza dun arcanxo.

    3. Semellante a un arcanxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na relixión cristiá, espírito benaventurado superior aos anxos. Pertence ao oitavo coro dos espíritos celestiais. Os arcanxos definidos pola tradición cristiá son Miguel, Rafael, Gabriel e Uriel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquear o ferro, a madeira ou calquera obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocación de aros ás cubas que se realiza xeralmente a comezos de setembro, antes da vendima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arca grande empregada nas casas para gardar as roupas da cama, e nas sancristías para gardar as vestiduras e os obxectos empregados na liturxia.

    2. Caixón de madeira onde se gardan as redes de pescar que logo van ser tinxidas e encascadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da parroquia de Samieira situada entre a praia Ouriceira ao N e a praia de Covelo ao S, concello de Poio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de xacementos arqueolóxicos (Ibeas, Burgos) ben diferenciados onde se atopa a clave da evolución humana durante o Plistoceno medio en Europa. Do conxunto de depósitos espallados polas covas da serra, tres foron escavados durante os últimos vinte anos: Trinchera Galería (TG), Trinchera Dolina (TD) e a Sima de los Huesos (SH), proporcionando fósiles que permitiron reconstruír un dos conxuntos de homínidos máis completos coñecidos en Europa. Na Sima de los Huesos ata finais do século XX recuperáronse diversos fragmentos óseos e algúns cranios pertencentes a preto de trinta individuos asignados polos seus descubridores á especie Homo heidelbergensis, precursor do Neandertal, datados hai 250.000 anos. Non aparecen asociados a industrias líticas ou con pegadas de carnívoros, polo que as causas da súa acumulación poderían deberse a algún acontecemento catastrófico ou acción humana. En Trinchera Dolina apareceron máis de 80 fósiles humanos de todas as partes do esqueleto, dentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor da tradición popular de Brueghel. Inspirouse en Gillis van Coninxloo e Brueghel o Vello, pintando paisaxes invernais con pequenas figuras que patinan sobre xeo. A súa obra Gran escena invernal con patinadores (Rikjsmuseum de Amsterdam) é unha clara mostra da súa temática. A súa paleta é clara e fría, con tons grises e brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazalete ou pulseira que se usa para adornar brazos, pulsos e nocellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1868 por Antonio Perdiz, formada por 10 compoñentes. No período comprendido entre 1876-1890, faise cargo da banda Xosé Pereira, substituído polo seu fillo Xosé Pereira que a dirixiu ata 1899. A continuación fíxose cargo Xesús Reguera, quen en 1905 se levaría a todos os músicos da banda naturais de Paredes e Ponte Sampaio e fundou a Banda de Paredes. Por este motivo, a banda de Arcade quedou moi reducida e, en 1905, será Baldomero Franco quen a reorganizou e dirixiu ata 1913, sendo relevado por Xoán Romay. En 1920 fíxose de novo cargo Baldomero Franco ata o 1928, cando Manuel Bouzón tomou a batuta e conseguiu o III Premio nun certame de Bandas de Pontevedra (1934). Ao ano seguinte cambiou de nome, e de denominarse Popular de Arcade pasou a ser Artística de Arcade. A súa época máis frutífera foi a comprendida entre o 1940 e 1960, anos nos que acadou o I Premio nun certame de bandas de Pontevedra e o II nun de Vigo. En 1974 ocupou a dirección Adonis Ferreiro durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Cures (Boiro), é o dolmen de maiores dimensións do Barbanza. Conserva restos da mámoa, podéndose apreciar fragmentos da coiraza. A cámara, de planta poligonal, está formada por seis chantas, aínda que falta a da cabeceira, e a tampa, que está lixeiramente desprazada. O corredor, de forma triangular e de dous tramos, conserva catro laxes e dúas lousas. Polas características conservadas debe pertencer á fase de apoxeo do Megalitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO