"Rif" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • Facer que un vidro perda a estrutura vítrea ao cristalizar total ou parcialmente pola acción prolongada da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escaravello da pataca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatua de bronce feita por Policleto. Coñécese como o canon, xa que o escultor se propuxo con el dar un esquema das proporcións perfectas do corpo humano, modulado pola cabeza, que tiña que ser sete veces menor ca a altura total da estatua. A obra, realizada na metade do s V a C, coñécese a través de copias romanas e bronces helenísticos. Representa o atleta en actitude de avanzar pero coa estabilidade do movemento en potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación sedimentaria de orixe glacial, en especial as morrenas de fondo da glaciación escandinava, que ocupou o mar do Norte, o L de Inglaterra, o N de Alemaña e a maior parte de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica británica realizada en 1929. Foi dirixida por John Grierson e interpretada por actores non profesionais. É un documental cinematográfico sobre a pesca do arenque que destaca polo realismo co que se trata e porque foi o que sentou as bases do cine documental británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación vexetal durilignosa constituída por arbustos e matogueiras de follas duras, típicas da rexión mediterránea do S de Europa, como o maquis ou a garriga, de África do S, do centro e sur de Australia ou en diversas zonas de América, como California e os Andes de Perú e Bolivia, onde recibe a denominación de chaparral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de electrificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar as modificacións necesarias nun mecanismo, aparato, máquina ou industria para que funcione por electricidade.

    2. Dotar de electricidade un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal representado coas crinas ou os pelos en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escarificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que escarifica.

    2. Máquina utilizada para escarificar un terreo. Consiste nun bastimento metálico que vai montado na parte posterior dun tractor ou dunha máquina de obras públicas e que leva, na súa parte posterior, unha ou máis púas ou uñas que removen o terreo.

    3. Aparato para escarificar que contén unhas lancetas movidas por un resorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer sucos pouco profundos na terra para facilitar un traballo posterior como labrar, explanar ou outros.

    2. Producir pequenas incisións superficiais sobre a pel cun escarificador ou simplemente cunha lanceta ou bisturí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de escurecemento e endurecemento que sofre a cutícula dos insectos, grazas ao cal adquire dureza e resistencia mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escorificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia produtora de escoura que se emprega, por exemplo, para impedir a oxidación superficial de metais en fusión ou de soldaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reducir a escoura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce ou presenta esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que ten lugar ao facer reaccionar un ácido carboxílico cun alcohol para dar un éster máis auga. Nesta reacción os materiais de partida e os produtos están en equilibrio, que pode desprazarse en calquera dirección cando se emprega un exceso dun dos compoñentes. O proceso de esterificación introducido por E. Fisher e S. Speier no 1895 consiste en ferver o ácido carboxílico cun exceso de metanol ou de etanol en presenza dun 3% de ácido clorhídrico. Os catalizadores máis empregados para acelerar a reacción, que é lenta en condicións normais, adoitan ser o ácido sulfúrico concentrado ou un ácido de Lewis. O proceso inverso á esterificación é a hidrólise dun éster, que recibe o nome de saponificación cando a reacción ten lugar nun medio básico. A reacción dun éster cun alcohol para dar outro éster diferente sen a obtención dun ácido libre, recibe o nome de transesterificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter ou transformar unha substancia no seu éster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se transforma un alcohol ou un fenol en éter. Pode ter como funcionalidade protexer o grupo funcional en cuestión (alcohol ou fenol) fronte a algún reactivo que se teña que empregar para transformar outra parte da molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO