"Rita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato hidratado de cobre, de fórmula Cu5(PO4)2(OH)4· H2O. Cristaliza no sistema triclínico. Os cristais son pequenos e ben definidos, de color negra e brillo adamantino. A dureza é de 4,5-5 na escala de Mohs, e a densidade de 4-4,4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roca ígnea intrusiva, con textura granosa, de carácter intermedio entre as ácidas e as básicas, composta fundamentalmente por plaxioclasios e horneblenda, aínda que tamén leva outros minerais como o cuarzo, a biotita e o piroxeno. Aparece xeralmente coa cor branca-negra ou levemente gris-verde. Emprégase como pedra de ornamentación e construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diabase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente mate que se distingue na análise microscópica da hulla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (15.500 km2; 184.408 h [1990]). A capital é Rabaul (17.022 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
beraunita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe toponímica. Procede do latín Emerita (Augusta), nome da cidade romana que mandou construír o Emperador Octavio Augusto e que se convertería en capital da provincia da Lusitania. Entre as mártires que levan este nome destaca santa Emérita (s V), celebrada o 22 de setembro.
-
CIDADES
Cidade romana fundada polo legado imperial Publio Carisio (25 a C) para o asentamento dos soldados veteranos licenciados (emeriti) das lexións V Alaudae e X Gemina, durante a campaña contra cántabros, ástures e galaicos, seguindo as indicacións do Emperador Octavio Augusto. Estableceuse nunha situación estratéxica, a carón dun vado do río Guadiana, e converteuse nun destacado centro militar, cultural e económico, capital da provincia da Lusitania. Foi un nó do eixe de comunicacións N-S, a Vía da Prata. Baixo os emperadores Traxano e Adriano acadou o seu máximo esplendor; cara á fin do Imperio aínda era unha das dez cidades máis importantes do mundo romano. Consérvanse numerosas construcións, entre as que destacan o anfiteatro, o teatro, a casa do anfiteatro, o templo de Diana e o foro. O Museo Nacional de Arte Romano conserva un gran número de pezas da cidade antiga. O seu conxunto arqueolóxico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993. Correspóndese...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
eritrina.
-
-
Lingua escrita.
-
Composición dun texto dramático segundo as directrices propias do xénero e as correntes e tendencias que agroman na última metade do s XX. Presenta uns personaxes que enfrontan unha situación conflitiva, un mundo que se presenta diante do lector por medio de diálogos, monólogos e outros recursos formais, estilísticos e expresivos. Utilizouse na Idade Media como un recurso didáctico na aprendizaxe das linguas clásicas. Está moi relacionada coa preparación de guións cinematográficos, para series de radio e televisión, e constitúe desde mediados do s XX unha área de ensino e aprendizaxe nas escolas superiores de arte dramática, na especialidade de dirección de escena e dramaturxia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral aparecida en Santiago de Compostela en setembro de 1983. Cesou a súa edición no verán de 1985 (nº6). Subtitulouse “Revista de información cultural, comunicación, traducións, psicoanálise, arte, cómic, creación”. Editada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), estaba coordinada por Margarita Ledo. Naceu ao abeiro do Congreso de Escritores en Lingua Galega que se celebrou en maio de 1980. Incluía información sobre ciencia, historia e literatura, ademais dun apartado de creación poética. Acompañaban os textos unha selección de debuxos de Lamazares, Alfonso Costa, Antón Patiño e Correa Corredoira.
-
SERRAS
Aliñación montañosa dos Ancares que se estende en dirección NO-SL e serve de límite ás parroquias de Vilasante e Vilapún (no concello de Cervantes), e Santo André (no concello das Nogais). O seu cumio está a 920 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
blenda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de aluminio hidratado que se presenta en concrecións globulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cemento carbonatado, dunha rocha calcaria, en forma de cristais maiores de 10 µm, que enche poros xa existentes entre os elementos xa acumulados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política vasca constituída pola esquerda abertzale para presentarse ás eleccións vascas de 1998. Fundamentada en Herri Batasuna, a coalición electoral intentou agrupar novos sectores independentistas alleos a HB. A formación pretende conseguir a soberanía de Euskal Herria a partir dos principios do Pacto de Lizarra de setembro de 1998. Desde a súa creación, estivo liderada por Arnaldo Otegui. Tralas eleccións de outubro de 1998, a formación deu o seu apoio ao goberno de Juan José Ibarretxe ata principios de 2000. Nas eleccións ao Parlamento vasco de maio de 2001 sufriu un forte descenso e perdeu máis de 80.000 votos e a metade dos escanos. En xuño de 2001 integrouse na formación Batasuna, en proceso de ilegalización iniciado en agosto de 2002.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral que designa as rochas sedimentarias formadas por depósitos ricos en cloruros e sulfatos alcalinos. A precipitación destes sales é resultado da súa concentración, por evaporación intensa de masas de auga (lagoas litorais, mares interiores, etc). As principais evaporitas son o xeso, o sal e a anhidrita.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida ao redor de 1986 na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu textos en prosa e verso e tentou converterse nunha alternativa de vangarda, na que cobraba un gran protagonismo a súa disposición tipográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olframato de ferro, de fórmula FeWO4. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor acastañada ou negra, ten unha dureza entre 4 e 4,5 e un peso específico de 7,51. Foi descrita por Breithaupt a partir de exemplares procedentes de Galicia.