Euskal Herritarrok

Euskal Herritarrok
Nome científico: [EH]

Formación política vasca constituída pola esquerda abertzale para presentarse ás eleccións vascas de 1998. Fundamentada en Herri Batasuna, a coalición electoral intentou agrupar novos sectores independentistas alleos a HB. A formación pretende conseguir a soberanía de Euskal Herria a partir dos principios do Pacto de Lizarra de setembro de 1998. Desde a súa creación, estivo liderada por Arnaldo Otegui. Tralas eleccións de outubro de 1998, a formación deu o seu apoio ao goberno de Juan José Ibarretxe ata principios de 2000. Nas eleccións ao Parlamento vasco de maio de 2001 sufriu un forte descenso e perdeu máis de 80.000 votos e a metade dos escanos. En xuño de 2001 integrouse na formación Batasuna, en proceso de ilegalización iniciado en agosto de 2002.

Palabras veciñas

Euskadi | Euskadiko Ezkerra | Euskal Herria | Euskal Herritarrok | Euskal Irrati Telebista | Euskaltzaindia | euskera