escrita
escrita
(< escrito)
-
s
f
Lingua escrita.
-
escrita dramática
[ESPECT]
Composición dun texto dramático segundo as directrices propias do xénero e as correntes e tendencias que agroman na última metade do s XX. Presenta uns personaxes que enfrontan unha situación conflitiva, un mundo que se presenta diante do lector por medio de diálogos, monólogos e outros recursos formais, estilísticos e expresivos. Utilizouse na Idade Media como un recurso didáctico na aprendizaxe das linguas clásicas. Está moi relacionada coa preparación de guións cinematográficos, para series de radio e televisión, e constitúe desde mediados do s XX unha área de ensino e aprendizaxe nas escolas superiores de arte dramática, na especialidade de dirección de escena e dramaturxia.