escrito -ta
(< lat scriptu, p p de scribĕre)
-
Persoa que escribe, especialmente obras literarias.
-
p irreg
de escribir.
-
adx
Que se expresa ou representa mediante a escritura.
Ex: Non se conservan documentos escritos desa lingua.
-
s
m
-
Calquera cousa escrita.
Ex: Durante a investigación atopei uns escritos do s XV.
Sinónimos: escritura. -
[ETN]
Texto que funciona como amuleto protector contra o mal de ollo e o meigallo. Adoitaba estar escrito en latín ou castelán e pendurábase do colo dunha persoa ou na trabe da mesma casa, co fin de preservar dos malos espíritos.
-
-
[DER]
-
s
m
Documento que se redacta para facer constar un acto ou contrato.
-
s
m
Documento presentado á autoridade xudicial ou administrativa para reclamar un dereito ou formular unha petición.
-
escrito de agravio
Escrito no que o que apelaba expoñía diante do tribunal superior os agravios que cría que recibira do inferior e demandaba que a sentenza destes fose revogada ou modificada.
-
escrito de conclusións
Escrito que, ao rematar a primeira instancia do xuízo, cada litigante presenta para compilar as súas probas e críticar as do contrario.
-
s
m
Frases feitas
-
Estar escrito. Ter que suceder inevitablemente. Ex: Estaba escrito que ías chegar lonxe.
-
Por escrito. Por medio da escritura. Ex. Tes que presentar as túas demandas por escrito.