escriptoloxía

escriptoloxía

(

s f [LING]

Conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta. Esta disciplina trata de achegarse ao feito xeneralizado das variantes gráficas tan frecuentes nas scripta medievais. Naceu cos estudios de Louis Remacle sobre o antigo valón (1948) e continuou con Carl Theodor Gossen e Hans Goebl, entre outros. Un dos temas máis importantes destes estudios é a elaboración de mapas escriptolóxicos que permitan situar no espazo e no tempo un documento dado, grazas aos seus trazos ou características gráficas. Así, poderase aplicar esta metodoloxía aos distintos textos galegos de finais do s XX que documentan distintas heterografías. Unha aproximación para o s XV galego pode localizarse na tese doutoral Para unha escriptoloxía da lingua galega, de Xulián Maure.

Palabras veciñas

escríctido -da | escriñeiro | escriño | escriptoloxía | escrita | Escrita | Escrita, serra da