"SAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
-
Relativo ou pertencente aos halosáuridos.
-
Peixe teleósteo da familia dos halosáuridos.
-
Familia de teleósteos haplones, abisais e fisoclistos. Presentan o corpo alongado e afiado con aletas ventrais nunha posición abdominal. Engloba os xéneros Holosaurus, Holosauropsis e Aldrovandia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos da familia dos halosáuridos. Peixes abisais provistos de fotóforos. Inclúe a especie identificada en 1878 por Günther, macrochir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos fisóstomos, alongados e comprimidos. Habitan na zona abisal. Engloba as especies johnsonianus e ovenii.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia Menor, na cadea montañosa do Tauro. Unida a Cilicia, foi rexida por un comes. Deu ao Imperio Bizantino a dinastía isáurica. Caeu en poder otomano no s XIV.
-
-
Relativo ou pertencente a Isauria ou aos isaurios.
-
Dinastía bizantina, orixinaria de Isauria, que gobernou o Imperio de Oriente de 717 a 802. A súa época estivo marcada polas loitas iconoclastas, iniciadas con León III (725), contra o culto das imaxes. Despois que a Emperatriz Irea restableceu o culto das imaxes no Concilio II ;de Nicea (787), León V o Armenio, inciou un novo período iconoclasta (813-843). Durante este período perdéronse boa parte das posesións bizantinas de Italia (Ravenna, 751), e Bizancio e Roma axudáronse mutuamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Natural ou habitante de Isauria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no grego Isauros, latinizado Isaurus ‘oriúndo da antiga rexión de Isauria’, ‘relativo ou pertencente aos isaurios’. Houbo un santo Isauro, diácono ateniense, martirizado xunto con san Fiz e outros mártires. A súa festividade celébrase o 17 de xuño.
-
-
Relativo ou pertencente aos itiosauros.
-
Réptil fósil da orde dos itiosauros.
-
Orde de réptiles adaptada á vida acuática, coas extremidades transformadas en aletas. Viviron no Triásico e no Xurásico, e extinguíronse na fin do Cretáceo. O xénero máis coñecido é Ichthyosaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da réptiles fósiles, da familia dos captorrínidos, que presentan a cabeza triangular (ó igual que os dentes), estruturas posiblemente defensivas óseas nas órbitas e de 70-75 cm de lonxitude. Viviron en América do Norte e atopáronse fósiles en Texas a principios do Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de estudios dominicano fundado en 1904 preto de Tournai (Bélxica). O movemento teolóxico que alí xurdiu, da man de Ambroise Gardeil (1859-1931), mantivo o nome de orixe. Á escola pertenceron autores como Antonin Sertillanges, M. D. Roland-Gosselin, Marcel Chenu e Yves Marie Congar.
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (717-741). Fundador da dinastía isáurica, foi estratega do tema de Anatolia, o que lle permitiu tomar Constantinopla e substituír a Teodosio III no trono. Derrotou os musulmáns e desprazounos ata o comezo do Éufrates, e someteu as provincias de Sicilia e Calabria á autoridade do patriarcado de Constantinopla. Tentou reformar o estado e consolidar a autoridade imperial cunha reforma administrativa e a redución do tamaño dos temas. Ditou dous decretos (726 e 730), polos que se prohibía o culto ás imaxes, feito que orixinou a cuestión iconoclasta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lepidosauros.
-
Réptil da superorde dos lepidosauros.
-
Superorde de réptiles, da subclase dos diápsidos, que inclúe as ordes dos ofidios e os sauros e que comprende os individuos que teñen a pel recuberta de escamas e a segunda fosa temporal pouco definida. Apareceron a finais do Premiano e no comezo do Triásico, e estendéronse por todo o mundo coincidindo coa desaparición dos dinosauros. Constitúen o grupo máis representativo e maioritario dos réptiles.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor galés. Cofundou o partido nacionalista Plaid Cymru (1925) e traballou na recuperación do galés, lingua en que escribiu moitos dos seus textos, de xéneros tan diversos como poesía, teatro, ensaio e novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dicinodontos, da familia dos hadrosáuridos, de ata 1 m de lonxitude e orificios nasais próximos aos ollos. De hábitos semellantes aos do hipopótamo, alimentábase de plantas acuáticas que arrancaba co seu único par de cabeiros. Propio de principios do Triásico, os principais xacementos atópanse en Sudáfrica, China, India e Rusia.
-
PERSOEIRO
Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos megalosáuridos.
-
Réptil fósil da familia dos megalosáuridos.
-
Familia de réptiles fósiles do grupo dos dinosauros, de grandes dimensións e carnívoros, coa cabeza notablemente pequena e cinco dedos en cada extremidade. Viviron durante o Xurásico e o Cretáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saurio xigantesco extinto, da familia dos megalosáuridos.
-
PERSOEIRO
Político arxentino. Ingresou no Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de La Rioja por tres veces consecutivas, e en 1976 sufriu prisión durante algúns meses como resultado do golpe militar. En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia do estado, contra o presidente do partido Antonio Cafiero, e nas eleccións de maio de 1989 conseguiu desbancar a Raúl Alfonsín. O 3 de decembro de 1990 puido esmagar a rebelión militar, pero ao cabo de poucos días indultou os cabezas da ditadura fascista. Reelixido presidente en 1995, ocupou o cargo ata os comicios de 1999. En 2003 volveu presentarse ás eleccións pero foi derrotado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao SO de Toronto (544.382 h [1996]). Suburbio residencial de Toronto que se converteu nun importante centro industrial, con construcións aeronáuticas, motores e turbinas, derivados do petróleo, caucho e aceiro, plásticos e cemento.
VER O DETALLE DO TERMO