"SME" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 136.

  • Máquina empregada para esmerilar, formada basicamente por un cilindro ou moa recuberta de esmeril e que se aplica, manualmente ou mediante algún sistema mecánico, ao obxecto que se quere esmerilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Puír a superficie de algo ou deslustrar o vidro con esmeril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falcón de entre 26 e 34 cm de lonxitude e 52 e 69 cm de envergadura, de ás anchas rematadas en punta; o seu aspecto xeral é máis compacto ca outros falcónidos. A cola é relativamente longa, e o voo resulta xeralmente raso e rápido. O macho é a ave de rapina de menor tamaño de Europa e caracterízase por presentar o dorso de cor azul cinsenta; a caluga, o peito e o abdome son de cor ferruxenta, con pequenos riscos acastañados; e a cola de cor azul ten no extremo unha banda negra. As femias son maiores e teñen as partes superiores de cor acastañada con riscos escuros; o peito é claro pero presenta numerosas raias de cor acastañada; e a cola ten bandas claras. Os animais novos son semellantes ás femias. Aliméntanse principalmente de aves de pequeno tamaño que capturan tras un voo persecutorio en terreos abertos, xeralmente en zonas de matogueiras e campos de cultivo intercalados. Aniñan, entre maio e xuño, en diversos lugares, tanto directamente sobre o chan ou sobre vexetación baixa, como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Santiago de Requeixo (Chantada). Construída no s XVIII, ten unha soa nave. O presbiterio cóbrese cunha falsa bóveda e o arco triunfal é semicircular. No interior conserva retablos neoclásicos do s XIX. A fachada, reformada despois da súa construción, ten unha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coidado especial ou dilixencia que se pon na realización de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas, de talo de ata 20 cm de lonxitude e ata 3 mm de diámetro, de cor amarela e consistencia xelatinosa, ao que pertence a especie E. virescens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborou en diversas publicacións de Pontevedra e Vigo. Escribiu, entre outras obras, Descripción de Pontevedra y del río Lérez (1892), Pontevedra. Sus produciones agrícolas (1880) e Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que os gregos designaban a Thot, deus exipcio da escritura, das ciencias e das artes. Considerábano un sabio fabuloso, autor dun gran número de tratados secretos de astroloxía, maxia e alquimia. Do seu nome deriva a denominación de filosofía hermética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ismet Paxá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ismet Paxá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político turco. Coñecido como Ismet Inönü, ao proclamarse a República Turca foi nomeado primeiro ministro (1923-1937) e á morte de M. Kemal Atatürk como presidente (1938-1950). Foi presidente do Cumhuriyet Halk Partisi (Partido Republicano do Pobo) entre 1938-1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma abreviada de Kosovo e Metohija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Maianca (Oleiros). Edificada antes do s X, reconstruíuse posteriormente con elementos de construcións próximas. No exterior conserva un nártex porticado e un campanario de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada no concello de Irixoa. Apareceu citada no s XII co nome de Armentarias. Ten unha soa nave, con ábsida de planta rectangular. Destaca a entrada principal, con tímpano decorado e tendencias oxivais na forma, características que tamén presenta o arco triunfal do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Foi o descubridor da técnica do mesmerismo que se basea na suxestión, que el atribuía ao magmetismo animal. Acusado de impostor polas academias científicas, tivo que abandonar a profesión. Coa súa técnica, puxo de manifesto as posibilidades de curación psíquica e abriu o campo da medicina psicosomática actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que intenta combinar certas doutrinas astrolóxicas e médicas (Paracelso, Helmut) coas novas experiencias coa electricidade e o magnetismo. F. A. Mesmer presupuxo que os fluídos que corren polos corpos máis sólidos actúan sobre o sistema nervioso e móveno en sentido de atracción ou repulsión, e utilizou o hipnotismo como un método para controlar estas forzas no corpo humano. Contribuíu ao descubrimento das forzas inconscientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, filósofo e científico francés. Criticou a física de Aristóteles e foi un precursor na defensa das ideas sobre a relatividade do movemento e a caída dos corpos, en conexión coas hipóteses da rotación diúrna da Terra e do heliocentrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Construída no s XVIII en estilo barroco, consta de planta rectangular cunha soa nave. O arco triunfal é de medio punto. A cuberta realizouse a varias augas, con cuberta de tella curva. A espadana, dobre, remata en pináculos con bóla.

    VER O DETALLE DO TERMO