"San Pedro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 110.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oleiros. Feudo dos templarios (1312), foi orixinariamente de estilo románico. En 1897 demoleuse e cos seus restos levantouse un novo templo que, afectado por un incendio en 1934, tivo que ser reconstruído. Consta dunha soa nave e ábsida con remate rectangular. Destaca a espadana de dous vans, rematada por un frontón semicircular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado ao N do Mar Menor (16.678 h [2001]). É un porto pesqueiro, en que destaca a industria alimentaria e da construción. Tamén ten importancia como centro turístico e de interese ecolóxico polas súas salinas, onde son habituais os baños de lodo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Pedro do Vaticano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra en Ribadavia o 29 de abril. Vaise a ela para curar o mal de ollo ou prevelo. Durante a procesión, os romeiros pasan por debaixo do santo.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Cortés, Honduras (471.000 h [2000]). Situada ao pé da serra de Omoa, atravésana o río Chamelecón e os seus afluentes. Foi fundada en 1536 e é a segunda cidade de Honduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. É autor das novelas sentimentais Tratado de amores de Arnaldo y Lucenda (1491) e Cárcel de amor (1492), que tivo numerosas edicións durante os ss XVI e XVII e que, escrita en parte de xeito epistolar, influíu na creación de La Celestina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bembribe (Taboada). Ten planta en forma de U que forma un patio interior con arcadas no piso baixo e columnas no superior, cun corredor que percorre as tres ás. O patio está pechado cun muro en que se abre un arco de medio punto sobre o que se sitúa unha pedra de armas. Conserva unha torre e unha escaleira de pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena enseada da costa atlántica, situada entre as puntas de Penaboa e O Burro, na parroquia de Visma (A Coruña).
-
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que se estende en dirección NO-SL polas parroquias de Furco, O Cereixal e Cadoalla (Becerreá). A súa máxima altitude atópase no monte Castiñeira que acada os 896 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída en estilo románico (s XII), ten nave rectangular e ábsida dividida nun tramo recto e outro semicircular, cuberto con bóveda de canón e de cuarto de esfera, respectivamente. A ábsida está decorada con pinturas murais coa representación do Xuízo Final. Destaca a figura de Xesús rodeado de anxos trompeteiros e a de san Pedro cunha chave nas mans ao tempo que abre as portas do ceo. A porta principal está formada por unha soa arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO