San Pedro de Nós, igrexa de

San Pedro de Nós, igrexa de

Igrexa parroquial situada en Oleiros. Feudo dos templarios (1312), foi orixinariamente de estilo románico. En 1897 demoleuse e cos seus restos levantouse un novo templo que, afectado por un incendio en 1934, tivo que ser reconstruído. Consta dunha soa nave e ábsida con remate rectangular. Destaca a espadana de dous vans, rematada por un frontón semicircular.