"Sind" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 167.

  • Organización sindical creada en 1977 pola unión do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e os sindicatos integrados na ANPG (UTEG, UTSG, UTBG, SGTM). En 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG), utilizando as siglas ING-CTG ata 1981, ano en que adoptaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aberración cromosómica numérica caracterizada por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se dá nun de cada 500-700 varóns nacidos vivos aínda que o sexo cromatínico sexa feminino nun 80% dos casos. Clinicamente maniféstase por unha insuficiencia da función endócrina testicular e habitualmente non é padecida ata a puberdade. Os testículos son pequenos, hai xinecomastia, atraso mental e infertilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trastornos mentais asociados a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria. O alcoholismo é a miúdo a causa determinante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de R. S. Lago, colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Hidromel. Da súa produción cómpre salientar a triloxía inédita A vida é literatura e o poemario Fontanela (2000), en que amosa a súa sensibilidade cara á súa terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno hereditario de carácter recesivo que comprende obesidade, aplasia xenital, retinite pigmentaria (que acaba con cegueira), retraso mental e, ás veces, polidactilia ou sindactilia e deformidade do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Desempeñou a cátedra de Retórica e Poética no Instituto de Lugo (1863-1873) e a de Literatura Latina e Española nas universidades de Valladolid e Santiago de Compostela (1876). Colaborador de La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia Humorística, publicou Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrución pública españolas (1868) e Entretenimientos literarios (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria ligada ao sexo masculino, que está causada por un trastorno do metabolismo das purinas que provoca nos pacientes retraso mental e outros trastornos neurolóxicos. Foi descrita en 1964 polos pediatras estadounidenses M. Lesch e W. L. Nyhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma leve da hipercalcemia idiopática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección grave do lactante, que se caracteriza por aplasia do tecido linfático, linfopenia importante e tendencia a candidiases repetidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno hereditario do tecido conectivo descrito polo médico francés Bernard-Jean Antonin Marfan (1858-1942) que ocasiona alteracións oculares, osteoarticulares e cardiovasculares. Prodúcese un crecemento esaxerado dos ósos longos, cun talle e unha envergadura excesivas para a idade, e os dedos moi longos (aracnodactilia). As articulacións son moi laxas e hiperestensibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciouse en 1884 na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como titular do concello de Fene desde 1895. En 1891 trasladouse a Ferrol, onde dirixiu o Boletín del Colegio Médico-Farmacéutico e colaborou na prensa local. Publicou Escuelas de Artes y Oficios del Ferrol. Memoria leída en la solemne apertura del curso de 1901 a 1902 [...] (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucopolisacaridose tipo IV que foi descrita polo médico Luis Morquio (1867-1935). OBS: Tamén se denomina osteocondrodistrofia deformante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nacionalsindicalismo.

    2. Partidario do nacionalsindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo do Estado español durante o franquismo, adscrito á Delegación Nacional de Sindicatos, dependente primeiro do Ministerio de Gobernación e desde 1957 do Ministerio de Vivenda. Foi creado en 1942 para fomentar e administrar a construción e o prezo das vivendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema sindical de carácter vertical vixente en España durante o Franquismo. O Fuero del Trabajo (1938) uniu nun organismo unitario todas as ramas da produción en sindicatos verticais baixo a dirección do Estado. Posteriormente, disoltas as antigas sindicais obreiras libres, empresarios e traballadores integráronse nunha única sindical. Desapareceu en 1976 no marco da transición á democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático na Universidad de Granada, na Escola de Artes Industriais da Coruña e da Escola de Belas Artes da Coruña. Retratou a burguesía coruñesa, cun estilo realista, minucioso e veraz. Destaca S. M. el rey Alfonso XIII e La caravana. Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Acadou unha mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado o 7 de abril de 1934 por Ángel Pestaña Núñez, co obxectivo de se converter no partido político da CNT e romper coa tradicional ortodoxia anarcosindicalista. A súa influencia quedou moi limitada e centrouse nun pequeno núcleo en Madrid, Andalucía, Zaragoza, Asturias e na Comunitat Valenciana. O órgano de expresión do partido foi El Sindicalista pero, coa Guerra Civil Española (1936-1939), tamén apareceron en Barcelona Hora Sindicalista e Mañana. Doutrinalmente, o partido defendía que os sindicatos deberían controlar a produción e as cooperativas a distribución, mentres os asuntos públicos deberían estar controlados polos municipios, nunha especie de estado sindicalista. En Galicia, debido ás múltiples afinidades de Pestaña coa Confederación Regional Galaica (CRG), o partido afiliou a recoñecidos sindicalistas desta organización, como Vicente Orro. Non obstante, os contactos con afiliados como Xosé Prego Vieira non prosperaron, feito que...

    VER O DETALLE DO TERMO