"Tama" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México (79.384 km2; 2.753.222 h [2000]). Limita ao N con EE UU, ao L co golfo de México, ao S cos estados de Veracruz e San Luis de Potosí, e ao O de novo con San Luis de Potosí e con Nuevo León. A súa capital é Ciudad Victoria. Composta por unha inmensa chaira inclinada suavemente cara ao L, está interrompida por algúns montes de tipo volcánico. A súa principal fonte de riqueza é o petróleo e os seus derivados. Posúe minas de cobre, chumbo, ouro e prata. Conquistado por Gonzalo de Sandoval (1522), o territorio formou parte da provincia de Pánuco, primeiro, e de Nueva Santander desde 1748. Converteuse en estado en 1824 e trasladou a capital a Ciudad Victoria. Tomou parte activa durante a revolución a favor dos agraristas no campo e dos constitucionalistas nas cidades.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. O seu teatro é de carácter realista, cun sentido moralizante e didáctico, aínda que algunhas das súas primeiras obras teñen trazos románticos, como Ángela (1851), inspirada en Schiller. Cultivou tamén o teatro de tese e de costumes, como en La bola de nieve (1856) e Los hombres de bien (1870). A súa obra capital é Un drama nuevo (1867), ambientada na Inglaterra de Shakespeare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e poeta. Xefe do partido radical e membro do Parlamento, foi ministro de Asuntos Exteriores e, en 1935, presidente da República durante a Guerra do Chaco, aínda que non tomou posesión pola oposición do exército. De tendencia modernista, escribiu os poemarios La prometheida (1927) e Epigramas griegos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral. Grande impulsor do drama e da zarzuela en España, creou unha compañía teatral en Granada que co tempo se converteu na Compañía Nacional Lope de Vega (1946). Tamén participou na fundación da compañía Amadeo Vives e foi director do Teatro Español de Madrid (1954-1962). En 1961 creou o Teatro de Bellas Artes e en 1970 foi director do Teatro Lírico Nacional de la Zarzuela. Dos seus traballos destacan Las brujas de Salem (1956), El tragaluz (1967) e Antología de la Zarzuela (1987, 1996-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e muralista mexicano. Pertenceu á xeración de Orozco, Ribera e Siqueiros. Alumno da Academia de Bellas Artes de México, da que foi profesor máis tarde, realizou grandes murais por encargo do goberno. Viviu en Nova York (1936-1948), onde fixo os frescos do Smith College de Northampton, ademais doutros en Ciudad de México, Puerto Rico e París. Formou parte da escola de París, onde residiu desde 1950, ensaiando unha simbiose entre o decorativismo francés e os motivos arcaizantes da arte precolombina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía real castelá iniciada por Enrique, conde de Trastámara e fillo bastardo do Rei Afonso XI, ao converterse en rei en 1369. Ademais de Enrique II, pertenceron á casa de Trastámara Xoán I, Enrique III, Xoán II, Enrique IV, Isabel I e Xoana I. Reinou tamén na Coroa de Aragón (1412-1516) con Fernando I, Afonso V, Xoán II e Fernando II. En 1516 extinguiuse ao acceder ás coroas de Castela e Aragón a dinastía dos Habsburgo, con Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1325 a Álvar Núñez Osorio , señor de Cabrera e Ribera, camareiro e mordomo maior de Afonso XI de Castela, pero foille confiscado. Foi concedido de novo en data incerta polo mesmo monarca ao seu fillo bastardo Enrique de Trastámara (o futuro Rei Enrique II), pero o seu irmán, o Rei Pedro I, confiscoullo en 1366 para concederllo a Fernando de Castro y Ponce de León . Enrique II confiscoullo en 1369, aínda que, sen dereito, xa llo concedera en 1366 a Bertran Du Guesclin . En 1371 foi outorgado de novo por Enrique II ao seu sobriño Pedro Enríquez de Castro (?-1400), condestable de Castela e conde de Lemos e Sarria. Sucedeuno o seu fillo Fadrique Enríquez de Castela e de Castro , conde de Lemos e Sarria e duque de Arjona, a quen lle foi confiscado. En 1445 o Rei Xoán II concedeullo a Pedro Álvarez Osorio , conde e señor de Villalobos, separándoo así...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique II de Castela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Enríquez de Castro.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador xaponés. Da súa obra, repartida en álbums, destacan as ilustracións de aves e insectos e sobre todo os motivos eróticos e os retratos de prostitutas. Autor de Donas vestíndose para unha celebración, foi o catalizador da tradición da escola Ukiyo-e.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista húngaro. Naturalizado suízo (1958), formouse en Budapest con Hernadi e Kodály, e especializouse en Chopin e Liszt.
VER O DETALLE DO TERMO