"Tolox" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina segundo a que o ser, as ideas eternas e universais, constitúen o obxecto inmediato e directo da mente, e só por medio da comprensión case intuitiva deste obxecto poden ser comprendidos intelectualmente os outros obxectos do coñecemento. Aínda que o ontoloxismo xurdiu no s XIX como reacción ao idealismo e en oposición ao psicoloxismo de tipo cartesiano, non é xusto identificalo co realismo nin adoita ser alleo a unha certa tendencia psicoloxista. Pódese falar propiamente de ontoloxismo só en relación a N. Malebranche e algúns dos seus seguidores como A. Collier e J. Norris. O ontoloxismo foi condenado pola Igrexa Católica, polo feito de que nalgúns puntos adoita derivar nun panteísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ornitoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da odontoloxía que se ocupa da prevención e o tratamento das irregularidades da posición dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronunciación correcta dunha lingua determinada. Adóptase como base desta corrección normalmente a variante lingüística propia dunha cidade ou dunha rexión determinada, que adoita ter un peso cultural específico no seu dominio lingüístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ortoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do oído.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á otoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos paleoclimas ao longo dos tempos xeolóxicos e das causas das súas variacións. Emprega unha serie de indicadores paleoclimáticos, é dicir, uns fenómenos xeolóxicos que dependeron parcialmente do clima, en que a súa interpretación se fai por similitude cos fenómenos actuais, de métodos físicos, como é o da determinación das paleotemperaturas, que se basea na relación de isótopos de osíxeno 18O/16O. As evidencias paleoclimáticas poden ser biolóxicas, litolóxicas ou morfolóxicas. Establecéronse diversas hipóteses sobre as causas dos cambios climáticos, e as principais baséanse nas variacións da radiación solar de longa duración, nas variacións orbitais periódicas da Terra ou en causas terrestres, como o efecto das grandes oroxéneses, variacións da salinidade mariña que modificaron as correntes oceánicas e polo tanto o equilibrio térmico ou migración dos polos magnéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da paleontoloxía que estuda os mamíferos fósiles. É moi importante na análise estratigráfica dos terreos terciarios e cuaternarios.
-
-
Ciencia que estuda os fósiles, é dicir, os restos de animais e vexetais do pasado que permaneceron soterrados nas capas xeolóxicas. A paleontoloxía presenta dúas vertentes: a paleontoloxía estratigráfica, que estuda obxectivamente os fósiles e con eles determina a idade relativa das capas xeolóxicas, e a paleontoloxía biolóxica, ou paleobioloxía, que observa e determina os fósiles como restos duns seres que viviron nun pasado máis ou menos remoto. A paleontoloxía ten métodos propios e afástase tanto da xeoloxía como da bioloxía no senso estrito das dúas disciplinas. En efecto, ten que ver cuns restos que xa non teñen vida, que soamente dan, polo xeral, unha idea parcial do animal ou do vexetal conservados. É moi rara a conservación de fósiles completos, como é o caso dos mamuts e rinocerontes siberianos ou dos insectos encapsulados no ámbar do Báltico. O paleontólogo ten que reconstruír, co que atopa, a totalidade do animal ou do vexetal, mesmo as partes brandas, que polo xeral desaparecen...
-
Disciplina que ten por finalidade a reconstrución de fenómenos culturais, étnicos ou sociais dos pobos antigos dos que non queda ningún testemuño histórico, mediante os datos que proporcionan as súas linguas, moitas veces coñecidas unicamente por topónimos e inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleontoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das doenzas que poden ser descubertas nos restos humanos ou animais dos tempos antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que trata dos parasitos de toda clase e da relación destes co hospedador, aínda que na práctica se limita aos protozoos, helmintos e ectoparasitos, deixando de lado os outros microorganismos, a pesar de seguir sendo considerados parasitos por definición. Algúns autores inclúen tamén os fungos parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parasitoloxía.
-
-
Rama das ciencias biolóxicas e da medicina que estuda as causas das enfermidades e a fisioloxía dos organismos que as padecen. Subdivídese en varias ramas: a patoloxía clínica, a médica ou interna, a cirúrxica ou externa, e a comparada ou experimental. Fálase tamén de patoloxía xeral para referirse aos estados patolóxicos das diversas enfermidades en diferentes órganos.
-
Conxunto de síntomas dunha enfermidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á patoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o embarazo, o parto e o período posnatal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a orixe e evolución dos planetas do sistema solar, a partir do estudo da súa superficie e estrutura.
-
-
Ciencia do espírito que en teoloxía designa a doutrina sobre o Espírito Santo. Desde G. W. Leibniz e Ch. Wolff indica a parte superior da psicoloxía en tanto que doutrina do espírito; para Kant constitúe a psicoloxía metafísica, en que a alma se considera unha substancia espiritual. Tamén designa a ciencia que se ocupa da natureza dos espíritos (anxos e demos).
-
pneumática.
-