"UNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 232.

  • GALICIA

    Historiador e avogado. Delegado do Patrimonio Madrid-Castela A Mancha de Renfe, escribiu, entre outras obras, El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989) e Antonio Capmany (1742-1813). Pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993). Foi distinguido co Premio Francisco Elías Tejada da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao defunto ou aos defuntos.

    2. Relativo ou pertencente á morte ou que a evoca.

    3. Que ten ou mostra tristeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘regra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘metro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á morte ou que a evoca.

    2. Conxunto de ritos e pregarias que a Igrexa practica con motivo da morte dun fiel, dende o momento da expiración ata o instante en que o cadáver se coloca no sepulcro. Este conxunto ritual recibe tamén o nome máis culto de exequias e o máis popular de enterro, xa que na linguaxe corrente o termo máis funeral só se aplica á misa exequial, tanto se acompaña o enterro como se se celebra con posterioridade. A Igrexa primitiva aceptou prácticas funerarias da época, purificándoas de todo resto idolátrico ou de superstición, e dándolles unha significación cristiá: o aseo fúnebre, os banquetes funerarios, que, con probabilidade, deron orixe á celebración da eucaristía en sufraxio do defunto e os cantos de dó, que se substituíron por salmos, elemento fundamental das exequias cristiás. O ritual romano de 1614 organizaba os ritos funerarios en tres estacións (na casa do defunto, na igrexa e no cemiterio), ligadas a través de dúas procesións intermedias. A reforma do ano 1969 preveu,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empresa dedicada a prover as cerimonias funerarias.

    2. Arte propia dos ritos funerarios. A súa concepción varía segundo as relixións e as civilizacións, pois é a expresión dun sistema de vida. A pintura deixou testemuños nos hipoxeos exipcios, nos retratos funerarios de Al-Fayyūm e nas catacumbas, aínda que dende a Idade Media se empregou pouco. No eido da escultura apareceu na Antigüidade nos retratos dos sarcófagos, no románico e no gótico coas figuras de xacentes e axeonllados, e acadou un gran desenvolvemento no Renacemento e no Barroco coa creación de tumbas monumentais. A arquitectura tivo un carácter funerario en todas as épocas, dende as pirámides exipcias ata os panteóns dos cemiterios no s XIX, onde se desenvolvía tamén un programa escultórico. En Galicia, cómpre destacar os monumentos funerarios conservados nas igrexas e catedrais, entre os que destaca o de Fernán Pérez de Andrade o Bo en San Francisco de Betanzos, e en época máis moderna os do Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval e os situados nos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao enterro.

    2. Relativo ou pertencente á empresa funeraria.

    3. Relativo ou pertencente á sepultura.

    4. Que ou quen traballa ou posúe unha empresa funeraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Ebro, que constitúe o límite meridional, e polos seus afluentes Arga e Aragón (2112 h [1996]. Destaca a súa produción agrícola (froita, produtos de horta e viña) e gandería (ovina), combinada cunha certa actividade industrial (metal e alimentación). A primeira noticia documental data de 888, cando foi reconstruído o castelo musulmán de Funes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, político e historiador. Foi deán da catedral de Córdoba (1804) e reitor da Universidad Nacional de Córdoba (1808). Foi elixido deputado por Córdoba ao Congreso de las Provincias Unidas (1810-1811) e en 1816 ao Congreso de Tucumán. Participou na redacción da Constitución de 1819 e en 1820 foi elixido senador polo cabido de Bos Aires. Dirixiu a Gazeta de Buenos Aires (1810-1811 e 1815) e foi o autor da primeira historia nacional arxentina, Ensayo de la historia civil de Paraguay, Buenos Aires y el Tucumán (1816-1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico francés. Considerado un dos principais actores cómicos do cine francés, interpretou películas como Le gendarme de Saint-Tropez (1964), La grande vadrouville (1967), Hibernatus (1969), L’avare (1979) ou La soupe aux choux (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa, leva consigo ou constitúe unha desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Dirixiu o Instituto de Ourense (1865-1873, 1874-1880). Director de El Orensano, escribiu, entre outras, Influencia de las causas fijas en el carácter de los pueblos (1854), Compendio de Historia Universal de España (1857), Método contra el cólera (1860), Del cultivo de la vid (1861) e Programa de Geografía elemental (1862). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Obtivo o título de procurador dos tribunais e posteriormente seguiu diversas actividades comerciais. Pertencente á Xeración das Festas Minervais, participou nos parladoiros do Café Español e ao longo da súa traxectoria colaborou en distintas revistas e xornais. Foi cofundador do grupo O Galo e en 1963 participou cun recital xunto a outros autores na celebración do primeiro Día das Letras Galegas. En 1980 foi elixido directivo da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do Ateneo de Santiago de Compostela. Na política, estivo vinculado ao Consello da Mocidade e en 1963 participou na constitución do Partido Socialista Galego (PSG). Da súa produción destaca Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española l978), 37 debuxos para un país (1985), Compostela (1989) Obra poética (1993), Conto de Reis (1991), Os misterios de Monsieur D’Allier (Premio da Crítica 1993) e Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trampa para cazar animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matthias Gothart [Neithardt].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico kurdo. Dirixiu filmes que denunciaban a inxustiza social en Turquía. En 1974 foi detido e encarcerado ata que en 1981 conseguiu escapar a Francia. Da súa filmografía destacan Yol (1982, Palme d’Or no Festival Internacional de Cine de Cannes) e Le mur (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que aparecía os luns para suplir o descanso dominical dos diarios. Creouno Primo de Rivera para toda España durante o seu directorio. En Galicia, encargáronse da súa edición as respectivas asociacións provinciais da prensa e imprimíanse nos mesmos obradoiros tipográficos dos xornais máis destacados. Incluían fundamentalmente artigos deportivos e culturais. En Vigo apareceu en 1920 e tivo como directores a Gonzalo Rey, Rodrigo Varela e Gustavo Luca de Tena. Cesou a súa edición o 14 de decembro de 1981. En Ourense apareceu o 9 de outubro de 1950 e cesou en decembro de 1985, aínda que tivo un precedente entre 1937 e 1939, dirixida por J. Cantalapiedra. Desde 1950 foi dirixida por Isidoro Guede, Alejandro López e Alejandro Outeiriño en diferentes etapas. En Lugo apareceu o 8 de xaneiro de 1962 e cesou o 29 de decembro de 1986. Estivo dirixida por Alexandre Armesto e Ángel M. Fernández de la Vega. En Santiago de Compostela editouse a partir de decembro de 1951. Na Coruña apareceu o...

    VER O DETALLE DO TERMO