"Vigo" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 93.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada no monte da Guía en Vigo. A construción do s XVI tiña planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. Antonio Palacios proxectou a súa remodelación e ideou un templo da Paz de planta circular con deambulatorio con nove capelas e cuberto cunha cúpula, pero non se levou a cabo. En 1951 Manuel Gómez Román comezou a construción da nova ermida con planta basilical e cunha ábsida poligonal. No exterior destacan os lenzos de parede caleados e a torre lateral de planta cadrada. Desde a base do monte ata o cumio hai unha viacrucis de pedra. O 5 de agosto, festividade de Nosa Señora das Neves, celébrase unha romaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da cidade homónima. As instalacións portuarias esténdense sen solución de continuidade ao longo de 10 km entre Teis e Bouzas. Altérnanse os peiraos dedicados ao tráfico de mercadorías (Guixar, Areal, Transversal, do Comercio e Bouzas), cos pesqueiros (O Berbés, Beiramar e Bouzas), cos reservados ao transporte de viaxeiros (Transatlánticos e Estación de Ría) e cos deportivos (Náutico e Bouzas). A actividade pesqueira, intimamente relacionada coa industria transformadora localizada na cidade, converteuno no principal porto a escala mundial de descarga de peixe para consumo humano. En 2003 movéronse no porto 673.874 t de peixe, das que 82.604 t corresponderon a peixe fresco e 585.784 t a peixe conxelado. No tráfico mercante tamén é un porto destacado nas grandes rutas internacionais, mantén liñas regulares con todos os continentes; destacan pola súa importancia as da África Austral, Extremo Oriente, Oriente Medio e América; entre as europeas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga demarcación territorial do estado español con capital na cidade homónima. Comprendía o litoral atlántico e o seu traspaís entre o curso do río Ulla, que marcaba o seu límite setentrional, e o río Miño, fronteira hispanolusa, que a delimitaba polo S; o límite oriental correspondíase cos cumios da Dorsal Occidental Galega nese interfluvio: a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Incluía os partidos de Bemposta, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Lalín, A Lama, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo. O primeiro precedente desta demarcación foi o proxecto bonapartista da prefectura de Vigo. A provincia de Vigo permaneceu vixente desde o 13 de xullo de 1821 a novembro de 1823. A reorganización provincial de 1833 recuperou esta demarcación, pero trasladou a súa capital a Pontevedra, cidade que deu nome á provincia. Nun decreto do 26 de maio de 1836 o goberno ordenou trasladar a Vigo a capitalidade, pero a reacción...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ría da costa atlántica, a máis meridional das Rías Baixas. Os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona sucédense á súa beira. Flanqueada na súa entrada polas Illas Cíes, a beira setentrional correspóndese co S da península do Morrazo: Cabo Home, Punta Robaleira e Punta Subrido, na parroquia do Hío (Cangas), constitúen os tres puntos que se poden considerar como extremo NO da ría, segundo se empregue un criterio máis ou menos restritivo. Na beira meridional o límite pode ficar en punta da Meda en Monteferro (Panxón, Nigrán) ou levarse ata Cabo Silleiro, no litoral da parroquia de Baredo (Baiona). A ría é un entrante de dirección NL-SO, de 28 km de lonxitude, que concordaría cunha rede de fracturas da que resultaría unha alternancia de bloques erguidos e afundidos. O estreito de Rande, de 600 m é o punto de menor amplitude. No seu fondo, no N, ábrese a enseada de San Simón, co arquipélago homónimo. No seu interior acolle importantes portos...
-
IGREXAS
Igrexa situada no centro histórico de Vigo. Antiga colexiata, comparte a condición de cátedra do bispo da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Nosa Señora da Asunción de Tui. Obra de Melchor de Prado, construíuse a partir de 1815 en estilo neoclásico. Ten planta basilical de tres naves. As laterais sepáranse da central por monumentais columnas toscanas sobre as que se estende un entaboamento con métopas e tríglifos; sobre este atópase unha cornixa na que se apoia a bóveda de canón, en cuxo arranque se abren vans en forma de arco que iluminan cenitalmente o templo. A fachada está enmarcada por dous campanarios. O corpo central remata nun frontón clásico e sobrio. No interior acóllese a imaxe do Santísimo Cristo da Vitoria. Foi declarada BIC en 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vigo. Proxectouna Manuel Felipe Quintana e construíuse entre 1896 e 1907 en estilo neogótico. Ten tres naves, a central de maior altura e anchura, cubertas con bóveda de cruzaría, reforzadas por contrafortes laterais que rematan en pináculos. As naves laterais sepáranse da central por arcadas e piares compostos. A ábsida é poligonal. O interior ilumínase a través das vidreiras das ventás e dos óculos trilobulados dos muros laterais. O exterior presenta un aspecto macizo polo reducido número de vans. A fachada principal organízase en tres rúas: a central, de maior anchura, está composta por un corpo baixo amodo de pórtico tripartito, e nun corpo superior no que destaca unha gran ventá de estilo oxival; as laterais rematan en campanarios finalizados en torres piramidais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo ruso. Especializado en psicoloxía clínica e psicolingüística, elaborou a teoría da fala interior, segundo a cal o pensamento deriva dunha acción xa pensada interiormente no diálogo persoal íntimo (Myslenije i reč, Pensamento e linguaxe, 1934). Creou, xunto con L. S. Sakharov, o método que leva o seu nome para estudar a formación de conceptos. ; Segue a J. Piaget na concepción construtivista da aprendizaxe, pero considera esencial o factor social, que contribúe, cos mediadores, a transformar a realidade e a educación. O psiquismo e a conduta intelectual adulta son o resultado dunha impregnación social do organismo de cada suxeito, e isto non é un proceso unilateral, senón dialéctico. Nesta concepción ten unha importancia fundamental a linguaxe, posto que a palabra é o instrumento máis rico de transmisión social. A aprendizaxe é unha condición previa para o proceso de desenvolvemento. Distínguese un nivel de desenvolvemento potencial e un nivel de desenvolvemento actual....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Participou na Batalla de Trafalgar (1805). Foi ministro de Mariña, Comercio e Gobernación de Ultramar (1839) e de Mariña (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forza física ou moral que posúe o ser vivo.
-
Forza para obrigar nas leis. En España as leis entran en vigor despois de vinte días da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar vigor ou forza a alguén ou a algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe vigor ou forza.
-
PERSOEIRO
Biblista. Foi profesor de Sagradas Escrituras e de hebreo no Séminaire de Saint-Sulpice (1868) e no Institut Catholique de París (1890). Escribiu, entre outras obras, Manuel biblique (1879-1880) e Ditionnaire de la Biblie (1891-1912).
VER O DETALLE DO TERMO