Vigo, Nosa Señora da Guía de
Vigo, Nosa Señora da Guía de
Ermida situada no monte da Guía en Vigo. A construción do s XVI tiña planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. Antonio Palacios proxectou a súa remodelación e ideou un templo da Paz de planta circular con deambulatorio con nove capelas e cuberto cunha cúpula, pero non se levou a cabo. En 1951 Manuel Gómez Román comezou a construción da nova ermida con planta basilical e cunha ábsida poligonal. No exterior destacan os lenzos de parede caleados e a torre lateral de planta cadrada. Desde a base do monte ata o cumio hai unha viacrucis de pedra. O 5 de agosto, festividade de Nosa Señora das Neves, celébrase unha romaría.