Vigo, condado de

Vigo, condado de

Titulo nobiliario concedido, co vizcondado previo de Bañobre, polo Consello de Rexencia en 1810, e confirmado por Fernando VII en 1818 a Joaquín Tenreiro-Montenegro y de la Hoz (Requena, València 1758-Betanzos 1834). Doutor en Leis e Canons, en 1808 trasladouse a Galicia e foi un dos organizadores da resistencia e reconquista de Vigo ante os franceses. Foi coronel de infantaría, xentilhome de cámara de Fernando VII e comandante do Corpo de Voluntarios realistas de Betanzos. Sen fillos, sucedeuno o seu sobriño Antonio Tenreiro Montenegro e Caveda (?-1855), II conde de Vigo, sucedido polo seu fillo Joaquín Tenreiro Montenegro e Parada, III conde de Vigo, e este pola súa filla Josefa Tenreiro Montenegro (?-1957), IV condesa de Vigo, que morreu sen descendencia e o título pasou aos descendentes de María do O Tenreiro Montenegro, irmá do I conde. Luis de Ponte y Manso de Zúñiga foi o V conde de Vigo, título que cedeu á súa sobriña María Pilar de Ponte Manera (Madrid 1911-2001), VI condesa de Vigo, sucedida pola súa filla Estrella Sintas Ponte , VII condesa de Vigo.