Vigockij, Lev Sem’onovič

Vigockij, Lev Sem’onovič

Psicólogo ruso. Especializado en psicoloxía clínica e psicolingüística, elaborou a teoría da fala interior, segundo a cal o pensamento deriva dunha acción xa pensada interiormente no diálogo persoal íntimo (Myslenije i reč, Pensamento e linguaxe, 1934). Creou, xunto con L. S. Sakharov, o método que leva o seu nome para estudar a formación de conceptos. ; Segue a J. Piaget na concepción construtivista da aprendizaxe, pero considera esencial o factor social, que contribúe, cos mediadores, a transformar a realidade e a educación. O psiquismo e a conduta intelectual adulta son o resultado dunha impregnación social do organismo de cada suxeito, e isto non é un proceso unilateral, senón dialéctico. Nesta concepción ten unha importancia fundamental a linguaxe, posto que a palabra é o instrumento máis rico de transmisión social. A aprendizaxe é unha condición previa para o proceso de desenvolvemento. Distínguese un nivel de desenvolvemento potencial e un nivel de desenvolvemento actual. O potencial é o conxunto de actividades que o neno é capaz de realizar coa axuda dos demais; o actual é o conxunto de actividades que o suxeito é capaz de realizar de seu.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Orša, Vitebsk

  • Deceso

    Lugar : Moscova