"Zas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 134.

  • Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Trobe (Vedra). Trátase dun edificio de planta rectangular cun patio de entrada cuberto en parte. Destaca o pombal de planta octogonal e o xardín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cira (Silleda). Construído en 1717, trátase dun edificio de planta rectangular con dúas ás que se abren cerrando un patio. No extremo dunha delas hai unha torre con ameas, que se construíu na década de 1940. Nunha das súas fachadas laterais destaca o soportal de arcos de medio punto rematado nunha balaustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cambeda (Vimianzo). Ten planta rectangular con muros de cachotaría e cantaría. Destaca o escudo de pedra coas armas dos Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Salvador, Santa María, San Pedro e San Pablo. Datada no s XII, consta dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. A porta principal está ornada por arquivoltas decoradas con zigzag e que se apoian en columnas con capiteis antropomórficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, que foi integrada posteriormente como lugar na parroquia de Chaveán, no concello de Chandrexa de Queixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Couso de Salas e As Maus de Salas (Muíños). O seu cumio acada os 940 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martiño de Asperelo (Rodeiro). O seu cumio acada os 839 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Camoira (Lugo). O seu cumio acada os 531 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Trabada, no concello homónimo. O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Friol, no concello homónimo. O seu cumio acada os 505 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rebordechau (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.536 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Faramontaos (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 710 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilarello (Dozón). O seu cumio acada os 622 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Coñecido como João Peres, emigrou a Brasil en 1915. Residiu en São Paulo, onde participou activamente en numerosas folgas; en 1924 encabezou o comité revolucionario desta cidade. Sufriu torturas durante o período fascista de Getúlio Vargas e foi desterrado a Rio Grande do Sul. Á caída da ditadura de Vargas, retornou a Rio de Janeiro onde participou na fundación do xornal Ação Direta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Despois da súa formación como enxeñeiro electrónico no Instituto de Estudios Electrónicos de Madrid, realizou pequenos traballos en súper 8 a partir de textos propios, como Aconteceu en Galicia e Amanece en Vigo; ou alleos, como O derradeiro Fiana. De aí pasou á realización de curtametraxes en 35 mm, como Homo Hominis. Opus I (1982), coa que obtivo unha mención especial no Festival Internacional de Cine de Bilbao. A produción de curtametraxes conduciuno á fundación da produtora Pilar Sueiro Films, máis tarde Atlántico Films (1985). Despois da triloxía Augurio, Virginal e Vestida de fiesta, dirixiu a súa primeira longametraxe, La gran comedia (1986). Posteriormente rodou O xogo das mensaxes invisibles (1991, Premio á mellor película no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz 1992), La leyenda de la doncella (1994, Premio Colón de Plata no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.

    VER O DETALLE DO TERMO