"atü" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 368.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeiras dedicadas á malla que o campesiño debía ofrecer ao señor feudal durante a Idade Media.
-
PUNTA
Punta da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia de Miñortos (concello do Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fentos, toxos e outros restos recollidos en terreos baldíos ou no monte para estrar a corte do gando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Lalín. As súas armas levan, en campo de azul, batume nun terreo de sinople. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Batumeira.
-
CAPITAIS
Capital da República Autónoma de Adxaria, Xeorxia, á beira do Mar Negro (137.100 h [1994]). Está situada na desembocadura do río Coruh, nunha chaira litoral. É a terminal do oleoduto que procede de Bakú; ademais, é un centro comercial de primeira orde especializado na exportación de petróleo, té, froita, seda e la. Na Antigüidade foi unha factoría grega, chamada polos romanos Bathys. Na época do Emperador Xustiniano recibiu o nome de Petra. Durante a Idade Media formou parte do Reino de Xeorxia e no s XVII foi ocupada polos turcos, que a posuíron ata que llela cederon aos rusos no ano 1878 en cumprimento dos acordos do Congreso de Berlín. Entre esa data e 1886 tivo a condición de porto franco. En virtude do tratado de Brest-Litovsk (3.3.1918), polo que Rusia abandonaba a Primeira Guerra Mundial, volveu á soberanía turca. Non obstante , a posterior capitulación dos Imperios Centrais provocou que o acordado nese tratado fose explicitamente anulado polo de Versailles. O acordo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tutsi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de batuxar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ara de madeira que empregan os directores de orquestra, de coros ou bandas de música, para alongar o efecto visual do brazo dereito e, xunto con outros recursos técnicos, facerlles posible aos músicos a precisa comprensión rítmica, dinámica e agóxica dunha obra. O seu uso xeneralizouse a partir do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de batuxar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de batuxar.
-
-
-
Salpicar(se) con algún líquido, especialmente con auga.
-
Mover un líquido cos pés ou coas mans para que salpique a alguén ou algo.
-
Mover as aves as ás de xeito que salpiquen a alguén ou algo.
-
-
Chapuzar na auga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balsa de tamaño pequeno empregada na conca do Miño, especialmente no treito anterior ao encoro dos Peares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, e sobre ondas de azul e prata, un batuxo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Batuxón e Batuxada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que son coñecidos o Comentario á Apocalipse e mais o Libro de Daniel, escritos polo Beato de Liébana. É unha obra de grande interese, tanto polo texto, que contén fragmentos patrísticos doutro xeito perdidos, como polas ilustracións, abundantes e moi características. No estilo e nos temas iconográficos hai unha gran cantidade de influencias, dende as paleocristiás ata as visigóticas, asimiladas cunha forte personalidade mozárabe, aínda que algúns beatos son plenamente románicos. As escenas, encadradas nunha orla, son representadas a miúdo sobre un fondo esquemático e simbólico de bandas horizontais, unhas veces de intensa coloración e outras da cor natural do pergameo. Os ornamentos e as arquitecturas estilizadas son, en xeral, os típicos da arte mozárabe. Existen varias copias deste manuscrito, polo xeral con ilustracións miniadas, dos ss X ao XIII, entre os que salientan: o conservado na Pierpont Morgan Library de Nova York, procedente de San Miguel de Escalada,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado nalgunhas clasificacións climáticas, como a de Holdridge, definido como a suma das temperaturas medias diarias que superan os 0°C dividida por 365.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral editada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Ten formato de libro (24x15 cm) e cubertas Guarro de acuarela-medio, cor branca e 240 gramos, ilustradas cada unha por un artista gráfico diferente. O primeiro número apareceu con data de maio de 1989 e dende o segundo quedou estruturada nos seguintes apartados: “Estudios”, “Notas”, “Documentos”, “Encontros”, “Libros” e “Creación”. A partir do número 5, apareceu unha subsección fixa titulada “Dos arquivos de Dieste” que se inclúe no apartado “Documentos” e da que se encarga Xosé Luís Axeitos, publicando, fundamentalmente, o epistolario do escritor de Rianxo. A publicación, que dirixe dende o inicio Anxo Tarrío Varela, asistido por unha Secretaría, un Consello de Redacción e un Consello Científico formado por profesores de varias universidades españolas e estranxeiras, serve de canle a estudios de teoría e crítica literarias, e informa sobre moitas literaturas do mundo: galega, portuguesa,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.
VER O DETALLE DO TERMO