"beni" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
PERSOEIRO
Relixioso e mestre de obras. Freire beneditino, traballou en San Martiño Pinario e en 1647 ensinoulle o oficio de entallador a Pedro Bóo. Foi visitador e abade da congregación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Fillo dun ferreiro e dunha mestra, fixo estudos de maxisterio. Iniciouse na actividade política dentro do Partito Socialista Italiano, pero foi expulsado ao declararse a favor da intervención de Italia na Primeira Guerra Mundial. Para difundir o seu ultranacionalismo creou o diario Il popolo d’Italia, mentres promovía a formación dos fasci di combattimento ou grupos de axitación, que constituíron o embrión do Partito Nazionale Fascista (1921). Tras a marcha sobre Roma do 28 de outubro de 1922, coa complicidade do exército, do goberno e do Rei Vítor Manuel III de Italia, foi nomeado xefe de goberno. Durante os tres anos seguintes, asumindo todos os poderes, dunha maneira gradual, implantou unha ditadura. Resolveu o antigo preito co papado mediante os Pactos de Letrán, realizou custosas obras de infraestrutura e seguiu unha política exterior agresiva, que nalgúns momentos renovou soños de expansionismo. O 10 de xuño de 1940 declarou a guerra aos aliados,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos odobénidos.
-
Mamífero da familia dos odobénidos.
-
Familia de mamíferos mariños, da orde dos carnívoros, que carecen de orellas e cola, pero poden desprazarse pola superficie terrestre grazas ás patas traseiras. Teñen a pel cun revestimento piloso denso, a cabeza pequena e presentan os cabeiros moi desenvolvidos. Os representantes fósiles desta familia viviron durante o Mioceno en América do Norte, hai 5 millóns de anos, e no principio do s XXI a única especie vivente é a morsa (Odobenus rosmarus).
-
-
GALICIA
Pintor. Foi discípulo de Joaquim Sorolla e cultivou o retrato, a paisaxe urbana e mariñeira e a composición figurativa. A sobriedade das súas escenas contrasta co seu folclorismo. Utilizou o trazo amplo, con pinceladas directas e enérxicas e con grande interese pola luz e a cor. Recibiu a mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1904, 1906 e 1908. Da súa produción destaca Las dos hermanas (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, dramaturgo e articulista. Marchou a Madrid en 1862 para estudar dereito e alí coñeceu a Francisco Giner de los Ríos, que o introduciu no krausismo e con quen frecuentou diversos parladoiros literarios. Desde 1865 colaborou coa Revista del Movimiento Intelectual de Europa e con La Nación, onde realizou retratos literarios de moitas figuras célebres deses anos. En 1868 viaxou a París e coñeceu os grandes novelistas franceses da época. A súa primeira novela, La Fontana de Oro (1867), xa anunciaba o que serían os Episodios nacionales. As dúas primeiras series da obra foron publicadas entre xaneiro de 1873 e decembro de 1879, e tres series máis entre 1898 e 1912. O autor buscaba con esta obra facer a historia novelada de gran parte do s XIX, desde 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica. Durante eses anos tamén participou en política (1886-1890) como deputado no Congreso polo partido de Sagasta....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Comezou a súa carreira en 1913, que desenvolveu en España, Alemaña, Francia, Arxentina e EE UU. Dirixiu Boy (1926), El negro que tenía el alma blanca (1927), La verbena de la paloma (1934), Suspiros de España (1938) e Goyescas (1942), e produciu, entre outros filmes, El mesón del gitano (1970), do que tamén elaborou o guión.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes orientais do sistema prebético valenciano (2.385 h [2001]). A agricultura é un recurso económico básico dedicada sobre todo ao cultivo da vide, en especial para pasas. Os servizos ocupan a boa parte da poboación activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, compositor e director de orquestra. Membro da banda de música Unión de Guláns, aprendeu solfexo e clarinete. En 1947 ingresou como músico no Cuerpo de Músicas Militares de Aviación en León, onde ampliou os seus estudos de harmonía. No Conservatorio de León realizou a carreira de Piano e no Conservatorio Superior de Música de Madrid estudou contrapunto, fuga e composición. Entre 1967 e 1971 dirixiu o coro Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid e foi profesor numerario na cátedra de Contrapunto e Fuga. En 1976 foi nomeado director musical do Goberno Militar en Valladolid e profesor especial de harmonía e formas musicais no conservatorio desta cidade. Compuxo unha gran cantidade de obras para bandas de música, corais e música de cámara, das que destacan De Guláns a Cristiñade, El sombrero de tres picos, Unha noite, El pez rojo ou Cuarteto en sol menor. Foi galardoado co Premio de Contrapunto y Fuga do Real Conservatorio de Música...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.
-
GALICIA
Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en microbioloxía e parasitoloxía. Catedrático e xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten numerosas publicacións no eido da microbioloxía. Académico numerario da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, recibiu, entre outros, o Premio Barrié de la Maza (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de montes e escritor. Formado na Escola Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidad Politécnica de Madrid, desenvolveu unha intensa actividade cultural e de compromiso con Galicia, e coa defensa do medio natural. Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, secretario do Grupo Histórico-Arqueolóxico Larouco, secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixto e membro fundador da Fundación Curros Enríquez e da Asociación Álvaro das Casas, é xuíz honorario do Couto Mixto (2004). Responsable da posta en marcha do servizo de medio natural de Ourense e xefe do servizo galego de espazos naturais, foi membro do Comité Nacional de Flora y Fauna do ministerio de Medio Ambiente e de EUROPARC, e director-conservador do Parque Natural do Invernadoiro e do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, do que foi promotor e polo que recibiu un recoñecemento internacional. Ademais, coordinou e redactou a Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade. Como escritor ten...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que permite a clasificación dos sistemas lineais de ecuacións. Dado un sistema non homoxéneo de m ecuacións lineais con n incógnitas, escrito en forma matricial Ax= b , b ≠ 0, onde A é a matriz de coeficientes do sistema, b a columna dos termos independentes e x a columna das incógnitas. O sistema é compatible (é dicir, ten solucións) se o rango de A é igual ao rango da matriz ampliada (A,b). Se este rango é igual ao número de incógnitas, entón trátase dun sistema compatible determinado, pero se o rango é menor ca o número de incógnitas, trátase dun sistema compatible indeterminado (con infinitas solucións). Un sistema sen solucións chámase incompatible.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Influído por Giovanni da Fabriano, pintou Madonna col bambino e sant’Anna e Lo sponzalio della Vergine. Xunto co seu irmán Iacopo Salimbeni (Sanseverino ?-? 1427?), tamén pintor, realizou os frescos da catedral vella de Sanseverino e do oratorio de San Giovanni en Urbino (1416).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Cavaliere Bivilacqua, formouse co seu pai, Arcangelo Salimbeni, e estivo influído por F. Barocci. Traballou en Florencia, Pisa, Perusa e Siena, e a súa produción, dentro da corrente manierista, caracterizouse por un ton cargado e melancólico, e por unha vulgaridade formal. Destaca Madonna col bambino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Especie de capote ou hábito rústico, semellante a un saco, e previamente bendicido, que se lle poñía aos acusados cando eran levados ante o tibunal da Inquisición.
-
Escapulario que se lles poñía aos penitentes reconciliados polo tribunal da Inquisición.
-
-
Descrédito, xeralmente infundado, que se fai recaer sobre alguén.
-
-
PERSOEIRO
Inspector de traballo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. Posteriormente, foi subdirector de Organización e Recursos Humanos en Construciones Aeronáuticas SA (CASA) entre 1988 e 1991, ano en que foi elixido presidente do Consello Galego de Relacións Laborais. En 1997 foi nomeado director de Organización e Recursos Humanos de Leyma-RAM, ata que en 2000 accedeu á xefatura da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña. En 2005 foi nomeado director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Deseñou as cartas hidrográficas das rías de Ortigueira e Ladrido. En 1870 emigrou a Cuba e incorporouse ao Arsenal de Mariña de La Habana. Regresou a Galicia e, por motivos políticos, emigrou de novo a Uruguay e Arxentina, onde exerceu como xornalista, mestre e arquiveiro. Foi cónsul de Paraguay en Arxentina e colaborador de publicacións periódicas como El Eco Ortegano. Foi membro da Societé Académique d’Histoire Internationale de París, da Academia Americana de la Historia en Bos Aires, e correspondente da Real Academia Galega. Escribiu traballos bibliográficos e de investigación, dos que destacan Gallegos ilustres en América durante el descubrimiento y conquista (1901) e P. M. Fray Felipe de la Gándara: ensayo crítico-histórico y bibliográfico acerca de su tiempo y de sus obras (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Ademais de dirixir diversos filmes, como Submission (1995), da súa filmografía como actor destacan Big Top Pee-wee (1988), The Funeral (1996), Traffic (2000, Oscar ao mellor actor) e Sin City (2005).
VER O DETALLE DO TERMO