Quevedo Quintana, Pedro Benito
Quevedo Quintana, Pedro Benito
(Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.