"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

    1. Acción de cualificar.

    2. Nivel de coñecementos e aptitudes que se lle recoñece a unha persoa para realizar un traballo ou para desempeñar un cargo.

    3. Expresión cuantitativa ou cualitativa coa que se valora o nivel de rendemento escolar dos alumnos. Pódese falar, xa que logo, de cualificación como dun recurso formal de estimación da calidade e mesmo como dun medio empregado para expresar mediante símbolos numéricos ou léxicos os resultados acadados nunha avaliación escolar, ou a medida de conduta en termos de rendemento, comportamento, actitudes, capacidades ou procedementos. Tradicionalmente, os modelos de cualificación escolar eran unicamente cuantitativos; facían referencia, polo tanto, a un modelo de avaliación sumativa que atopaba nas expresións numéricas sobre a aprendizaxe a súa xustificación. O fundamento e mesmo a finalidade da avaliación é cuádruple: persoal, familiar, social e administrativa. De aí que avaliar rendementos escolares, sexan da natureza que sexan, resulta sempre unha tarefa sumamente difícil e complexa para calquera docente, xa non só pola necesidade de actuar de xeito obxectivo, senón tamén polas repercusións...

      1. Exame da legalidade dos títulos e documentos de propiedade que preceden á inscrición dun ben nun rexistro da propiedade.

      2. Exame que presenta cada unha das partes dun proceso penal realizado sobre os feitos relatados no sumario, sobre os preceptos legais aplicables ao caso e sobre os efectos que poidan recaer nos acusados. Preséntase no escrito de cualificación, onde deben constar, ademais dos feitos e da súa cualificación legal, as conclusións propostas polas partes no proceso.

    4. Complemento dun verbo intransitivo da mesma raíz ou significación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caracterizar a alguén ou a algo cunha determinada calidade ou característica.

    2. Avaliar ou determinar as calidades ou perfección de algo ou alguén segundo uns baremos determinados.

    3. Presentar o escrito de cualificación nun proceso penal.

    4. Superar unha proba eliminatoria que permite pasar á seguinte nunha competición estruturada en distintas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos califóridos.

    2. Mosca da familia dos califóridos.

    3. Familia de dípteros ciclorrafos de ata 16 mm de lonxitude, caracterizados pola presencia de cerdas hiponeurais, pezas bucais ben desenvolvidas, segundo artello antenal cun suco, escamas torácicas ben desenvolvidas que cobren os halterios e extremo das patas con dúas almofadiñas. Os adultos son principalmente zugadores do néctar das plantas, polo que se constitúen en importantes polinizadores; as larvas desenvólvense polo xeral en materia orgánica en descomposición. Os xéneros máis importantes son: Calliphora, moscas azuis; Lucilia, moscas verdes; Pollenia, moscas parasitas das miñocas; e Sorcophaga, vareixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de laranxa pertencente ao grupo das Washington Navel. É grosa, redonda e umbilicada, coa pel grosa e a polpa doce e con moito zume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de América do Norte, na costa do Pacífico, que se estende dende o paralelo 42°, ao N, ata o cabo de San Lucas, ao S. Está dividida entre o estado de California (EE UU) ao N, o estado da Baixa California Norte (México) e o da Baixa California Sur (México), no sector peninsular. O territorio de California foi explorado polos casteláns a partir da expedición de Diego Hurtado de Mendoza (1532) e da de Diego Becerra (1533). En 1534 foi atribuída ao vicerreinado de Nova España, dende onde continuaran as expedicións: Hernán Cortés e Hernando de Grijalva (1535), Francisco de Ulloa (1539) e Rodríguez Cabrillo e Bartolomé Ferrelo, que no 1542 descubriron a Alta California. Foron os xesuítas os que iniciaron a colonización da Baixa California a finais do s XVII coa fundación de catorce misións; sen embargo, trala súa expulsión dos territorios da Coroa Española en 1767, esas misións pasaron a mans dos franciscanos, que en 1772 llelas cederon aos dominicanos antes de xuntarse cos outros franciscanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado dos EE UU, á beira do Océano do Pacífico, o terceiro en extensión e o primeiro en poboación (411.049 km2; 32.268.301 h [estim 1997]). A capital é Sacramento (376.243 h [1996]).
    Xeografía
    Esténdese dende Sierra Nevada ata o Pacífico, está en contacto con tres unidades físicas do país: Sierra Nevada, barreira climática que separa o estado do deserto, o Great Valley, formado polos vales de Sacramento e de San Joaquín, e a cordilleira litoral de Coast Rangers, de formación e dobramentos recentes, cunha gran cantidade de fracturas, como a que forma a baía de San Francisco. Forman o resto do estado os desertos de Mohave e Colorado, no que destaca o Death Valley (86 m baixo o nivel do mar), o punto máis baixo do continente. O clima é mediterráneo, con temperaturas suaves todo o ano, cunha estación seca e outra húmida. A rede fluvial redúcese á do Great Valley, cos ríos lonxitudinais de Sacramento e San Joaquín; o SL, no límite con Arizona, está drenado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente mariña fría do Pacífico oriental que circula en dirección N-S bordeando as costas de California (EE UU), xeralmente acompañada de remuíños de vento e de bruma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do Océano Pacífico, en México, entre os estados de Sonora e Sinaloa ao L, e a península da Baixa California ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Nome co que tamén se coñece a península da Baixa California.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a California ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de California.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento radioactivo artificial transuránido de número atómico 98. Foi descuberto en 1950 por S. G. Thompson, K. Street Jr, A. Ghiorso e G. Th. Seaborg, que identificaron o núcleo 245 entre os produtos obtidos no bombardeo do curio-242 con ións de helio. Coñécenselle once isótopos, todos radiactivos; dos reactores nucleares recóllense principalmente os núclidos 249, 250, 251 e 252, con períodos de semidesintegración que van dende 600 anos

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buraco que hai nos camiños e no que se forma un charco cando chove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, no Baixo Maestrazgo (28 Km2; 1.774 h [1996]). Situado nunha pequena zona montañosa, pouco elevada, fronte ao litoral mediterráneo. A poboación dedícase principalmente á agricultura (viña, oliveira, legumes e hortalizas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sandalia con cravos que calzaba o exército romano.

    2. Calzado de tea, amodo de polainas, que usaban os monxes na Idade Media e, posteriormente, o bispo nas cerimonias pontificiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir unha carta, un documento ou outro escrito calquera cunha letra artificiosa e con intención estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de representar con intención estética os signos gráficos da linguaxe, pero tamén, arte de escribir con letra correctamente formada segundo unhas pautas determinadas. Comprendida dentro do campo da escritura, enténdese como a culminación ou aspiración estética da mesma. Nas correntes didácticas modernas diminuíu a preocupación pola caligrafía ao deixala esquecida diante de aspectos máis prácticos. Non obstante , ata hai moi poucos anos tiña grande importancia no currículo escolar. Ademais, era moi apreciada como habilidade en determinados oficios ou actividades, sobre todo naquelas nas que a escritura xogaba un papel de certa relevancia: secretarios, notarios, cregos, mestres e outros oficios. Tradicionalmente o ensino da caligrafía pretendía que a escritura dos escolares reunise determinadas calidades como limpeza, claridade, proporción e elegancia. Esta podía adoitar, segundo os casos, diversos tipos: española, vertical, inglesa, redonda, gótica inglesa ou gótica alemana, entre outras....

    2. Conxunto dos trazos que caracterizan a escritura dunha persoa ou dun texto.

    3. Escritura manuscrita que aparece nunha obra literaria, debido a motivos estilísticos ou documentais. Un exemplo da literatura galega é a obra de Luís Pimentel Sombra do aire na herba (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á caligrafía.

    2. Escritura trazada artificiosamente, con intención estética, e sen espontaneidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso regresivo da escritura corrente dun período ou dunha rexión determinada, que consiste en fixar as formas rápidas cursivas en formas artificiosas e estereotipadas. Foi un proceso habitual en chancelerías, mosteiros e catedrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que escribe á man cun tipo de letra artificiosamente deseñado ou que ten esta actividade como profesión.

    2. Especialista na análise dos riscos que caracterizan a escritura das persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación da poesía visual que deriva o seu nome dos Calligrammes (1918) de Guillaume Apollinaire. Resulta do cruzamento nun mesmo plano de dúas mensaxes de natureza diferente, unha figurativa e outra lingüística, de xeito que a disposición tipográfica do texto compón formas alusivas ao obxecto ou tema poetizado. Tenta facer coincidir o que se ve co que se le, isto é, achegar as palabras ás cousas que representan. Os seus antecedentes remóntanse á cultura grega, a certos poemas figurativos de Teócrito e de Simias de Rodas, amais dos carmina figurata de Rabano Mauro (s IX), as composicións de J. Cellier e F. Rabelais (s XVI), as de J. Helwig e J. R. Karst (s XVII) ou os emblemas renacentistas e barrocos. No primeiro terzo do s XX xurdiu como resultado da influencia da pintura cubista, do futurismo e do ideograma, da man de Apollinaire que foi, como creador do termo, o primeiro en tentar realizar con clara intencionalidade estética a síntese artística da música, da pintura...

    VER O DETALLE DO TERMO