"cino" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 113.

  • Tumor primario do fígado, derivado dunha transformación anómala dos hepatócitos. Xeralmente é consecuencia dunha enfermidade hepática de longa duración, como unha hepatite crónica ou unha cirrose. É o máis frecuente dos tumores malignos do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Deuse a coñecer en Roma coa ópera Quinto Fabio (1738) e escribiu cantatas, arias e dúos. Dos Stabat Mater consérvanse a ópera Giuno Bruto (1748) e a ópera cómica Il governatore (1747).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mástique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilamor (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.024 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quintela de Leirado baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de depósitos de calcio no ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Gravobo, Penza 1894 - Moscova 1964) Economista ruso. Utilizou o método matemático na súa análise económica. É autor de numerosas obras, das que destacan O uso das matemáticas na investigación económica (1959) e O valor e o prezo na economía socialista (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno de tipo pigmentario que aparece na pel e se orixina a partir dun nevo que dexenera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • melanoma maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos oñacinos.

    2. Partidario dos oñacinos.

    3. Facción partidaria da influencia navarra que se enfrontou en Euskadi durante a Baixa Idade Media á dos gamboínos, partidarios da influencia castelá. O enfrontamento mesturouse coa loita dos bandoleiros navarros agramonteses e beaumonteses. Coa consolidación do poder real, a finais do s XV, acabáronse as desordes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina incolora e de sabor doce, que funde a 107°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfredo James Pacino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Al Pacino, converteuse nun dos intérpretes máis afamados de Hollywood ao protagonizar a triloxía de F. F. Coppola The Godfather (1972), The Godfather, Part II (1974) e The Godfather, Part III (1990). Entre 1985 e 1989 afastouse de Hollywood pero produciu, escribiu, interpretou e codirixiu The Local Stigmatic (1989), un filme de vangarda. Destaca a súa participación nos filmes Serpico (1974), Cruising (1980), Scarface (1983), Frankie and Johnny (1991), Glengarry Glen Ross (1992), Scent of a Woman (1992, Oscar ao mellor actor 1993), Carlito’s Way (1993), Heat (1995), City Hall (1996), Chinese Coffee (2000) e The Merchant of Venice (2004). Recibiu o Leone d’Oro honorario (1994) e o Premio Donostia (1996) en recoñecemento á súa carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Estudou en Florencia e foi profesor nas universidades de Boloña (1864), Caller (1873) e Pisa (1882). Estudou a produción de correntes eléctricas e en 1859 ideou unha máquina de corrente continua provista dun inducido anular (ideado independentemente tamén por Z. T. Gramme), coñecido como o anel de Pacinotti ou anel de Gramme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e prelado italiano. Foi nomeado cardeal en 1659 polo Papa Alexandre VII. Escribiu numerosas obras literarias, filosóficas, teolóxicas e históricas, das que destaca a traxedia Ermenegildo (1644), Istoria del concilio di Trento (1656-1657), unha xustificación da política da Igrexa católica na época; e o estudo Trattato dell’arte e dello stile del dialogo (1662).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Os seus restos foron traídos a Galicia en 1830 por Xosé A. Ribadeneira, alto dignatario eclesiástico nacido en Buciños, desde o cemiterio das catacumbas de san Calisto xunto co vaso do seu sangue e unha lápida marmórea que levaba inscritos o nome do novo santo e o seu crismón. É protector dos mozos que se incorporan a quintas e dos soldados. Represéntase como a un mozo novo xacente. A súa festividade celébrase o 9 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao porco ou propio del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou árbore pequena, de ata 4 m de altura, de talo groso, leñoso e oco por dentro, follas grandes, alternas e palmatipartidas, de flores unisexuais agrupadas en panícula, as femininas na parte superior e as masculinas na inferior, e de froitos secos dehiscentes, grandes e con pugas. Florece durante case todo o ano, sobre todo de maio a decembro. É orixinaria de África tropical e naturalizouse nos países mediterráneos. Cultívase polas súas sementes, que proporcionan o aceite de rícino, de propiedades purgantes.

    VER O DETALLE DO TERMO