rícino

rícino

(< lat ricĭnu)

Nome científico: [Ricinus communis, Fam das euforbiáceas]
s m [PLANTA]

Arbusto ou árbore pequena, de ata 4 m de altura, de talo groso, leñoso e oco por dentro, follas grandes, alternas e palmatipartidas, de flores unisexuais agrupadas en panícula, as femininas na parte superior e as masculinas na inferior, e de froitos secos dehiscentes, grandes e con pugas. Florece durante case todo o ano, sobre todo de maio a decembro. É orixinaria de África tropical e naturalizouse nos países mediterráneos. Cultívase polas súas sementes, que proporcionan o aceite de rícino, de propiedades purgantes.

Formas incorrectas

ricino