"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Político somalí. Foi funcionario da administración fascista italiana (1929-1941), presidente da independentista Liga dei Giovani Somali nos períodos 1954-1956 e 1958-1959. Presidiu a asemblea lexislativa da administración colonial (1956-1960). Malia desenvolver cargos na administración colonial, foi Presidente do novo estado independente e unificado de Somalia desde 1960 a 1967.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de musulmán e de cristiá, seica foi martirizado xunto cos seus irmáns Xoán e Auria polos árabes de Córdoba no 852. A súa festa celébrase o 27 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Reunir trebellos caseiros de ferro, que xa non teñen uso, como tesoiras ou chaves para vendelos logo como ferralla.
-
Converterse en ferrallos, obxectos de ferro inservibles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aferrollar.
-
-
Pechar con ferrollo unha porta ou fiestra.
-
Encerrar a alguén ou algo nun lugar ou prendelo con ferros.
-
Encerrarse alguén nalgún lugar.
-
Someter a presión ou escravitude.
-
Gardar ou reunir algunha cousa, especialmente diñeiro e cousas de valor, con moito coidado.
-
-
-
de afillar.
-
Persoa que na tradición cristiá é apadriñada en relación con outra no bautismo, na confirmación, no matrimonio ou os sacerdotes na confirmación episcopal.
-
Persoa apadriñada en calquera acto público ou académico por outra, polo que pasa a ser protexida desta.
-
Persoa protexida por outra.
-
-
-
Facer ou poñerse como padriño ou madriña de alguén.
-
Acoller como fillo, cumprindo os requisitos establecidos pola lei, a alguén que non o é de xeito natural.
-
Botar gromos ou fillos os vexetais.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón e Navarra (1104-1134). O Reinado de Afonso I caracterízase pola ampliación dos territorios que herdara dos seus pais Sancho Ramírez e Felicia de Roucy (Navarra) e de Pedro I de Aragón. Cara a Oriente cómpre salientar a conquista de terras musulmanas (Lleida, Tamarit e Valtierra) antes de 1109, ano da morte de Afonso VI de Galicia e León, feito que muda o seu interese político cara a Occidente. Ameazado polos almorábides, Afonso VI optou por casar a súa filla Urraca con Afonso I, acordando a mutua cesión dos reinos respectivos e fixando, en caso de falecemento dalgún deles, unhas normas sucesorias que só gardaban os dereitos de Afonso Reimúndez no caso de que a parella non tivese descendencia. Non obstante , o matrimonio contou coa oposición da nobreza e clero galegos, temerosos do nacemento dun novo herdeiro que desbancase a Afonso Reimúndez. Os nobres, agrupados en torno a Pedro Froilaz -conde de Traba e titor do infante-, proclamaron Rei de Galicia a Afonso Reimúndez VII...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anel de ferro, fixo ou móbil, por onde se agarran algunhas cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratar de acoller a alguén con hospitalidade, mostras de atención, agarimo, regalos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polos Reis Católicos no ano 1475 a Alonso Ramírez de Arellano y Enríquez, Capitán Xeneral da fronteira de Navarra. Por enlace matrimonial (1670) pasou aos Manrique de Lara, condes de Frigiliana, e aos Carvajal, duques de Abrantes.
-
-
Pao longo cunha punta de ferro no extremo, que se utiliza para picar ou aguilloar os bois e outros animais de tiro ou de carga a fin de guialos ou inducilos ao traballo.
-
ara con forma de áncora nun dos seus extremos coa que os labradores separan a terra que queda pegada á rella do arado.
-
-
-
Picar coa aguillada a un animal de tiro ou carga para guialo ou estimulalo no traballo.
-
Servir de estímulo para facer que alguén actúe.
-
-
-
Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.
-
-
Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, pero que pode estar feita doutros materiais, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, cordel, etc, usada para coser e bordar, ou sen burato se se usa para facer punto.
-
Nas máquinas de fabricación de xéneros de punto, peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla.
-
agulla de bordar
Agulla, xeralmente máis fina e máis curta ca a de coser, empregada para bordar; pode ter máis dun ollo para enfiar diversos fíos.
-
agulla de cardar
Cada unha das agullas que ten a gornición do aparello que serve para cardar.
-
agulla de cego
Agulla que ten o corpo partido en dirección á punta para poder introducir o fío, sen enfiala.
-
agulla de coser
Agulla recta, alongada ou en forma de fuso, acabada en punta, que serve para coser todo tipo de roupa.
-
agulla de debuxo
Barriña collida ao punto dun debuxo jacquard para que se suxeite no dispositivo do leito.
-
agulla de embalar
Agulla grosa, de punta recta ou curva, empregada para coser tea de embalaxe.
-
...
-
-
-
-
Apelido procedente dun alcume que, na súa orixe, se lle aplicou a un individuo que probablemente tiña por profesión a xastrería. Procede do latín acucula. Este apelido xa se documenta no s XIII: “Nuno Agulia” (doc ano 1246, El Monasterio de San Esteban de Ribas Sil de E. Duro Peña, p 280), “Johan Agulla” (doc ano 1299, História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI de C. de Azevedo Maia, p 212).
-
Liñaxe que estableceu casas nas vilas de Pontevedra, Cambados, O Porriño e outras comarcas dos arredores. As súas armas traen, en campo de sinople, tres peixes agulla de prata coa cabeza cara a arriba. Outras variantes levan, en campo de sinople, cinco peixes agulla de prata, dereitos e postos en faixa; o bordo é de ouro e vai cargado de cinco follas de figueira de sinople.
-
-
GALICIA
Mestre, escritor e deseñador gráfico. Secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega (1985-1987) e colaborador en revistas literarias (Dorna, Carel, Grial) e prensa (A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego). Comeza a súa andaina literaria no 1981 cun libro de poemas titulado Cántigo onde predomina unha temática amorosa que logo xirará cara ao compromiso social no segundo poemario Ensoños de Breila (1982). No 1984, sae do prelo o volume Aquí fican melodías, recompilación da súa produción poética á cal engade os poemarios Folerpas de inverno e Poemas ideográficos, conxunto de poemas inéditos que presentan renovacións no plano formal. Como dramaturgo ten as pezas Era unha vez o mundo do envés (1985) e A Caeira (1985) e unha obra curta inédita titulada O vendedor de estrelas. No eido da narrativa infantil publicou A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta (1986),...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Campobecerros, concello de Castrelo do Val, de 1.216 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole de Girona representativa da Cultura dos Campos de Furnas do NL da Península Ibérica, que permite analizar a evolución desta cultura dende o 850 ata o 600 a C, constatando o impacto foráneo doutras culturas e o desenvolvemento final da metalurxia do ferro, e os contactos coas colonizacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azur, unha aguia da súa cor natural, enredada de ouro. Pode aparecer coa forma castelanizada Agujares
-
VER O DETALLE DO TERMO
mergullón pequeno.