"nito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

    1. Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.

    2. Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.

    3. Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que comprende un único xénero (Ornithorynchus) e unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa rara, producida por bacterias do xénero Miyagawanella, que se transmite por diversas aves, como as pombas ou as galiñas, que non pertencen ao grupo dos psitácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, crítico e produtor musical. Comezou a facer programas de jazz en Radio Juventud da Coruña e colaborou con COPE Ferrol. Posteriormente creou unha produtora propia, Nosa, coa programación autónoma La Radio Feliz, que se converteu na primeira radiofórmula musical galega. Foi elixido xefe de programas de Antena 3 Radio en Galicia (1983) e tamén colaborou en Radio Nacional de España e na cadea SER. Impulsor dos concertos do Noroeste Pop Rock co Concello da Coruña, colaborou en diversas revistas musicais como Disco Actividad e Mundo Joven, e creou para La Voz de Galicia o suplemento semanal La Voz Joven (1979). En 1977 fundou a produtora discográfica Abrente, coa que gravou discos de Milladoiro, Xoán Rubia, Emilio Cao ou Xocaloma. Impulsor en España do termo “música celta” a partir do disco Fonte do Araño (1977), de Emilio Cao, publicou Cuadernos del jazz (1971) e En la cresta de la música. Del Blues al Rock and Roll (1977)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, dramaturgo e articulista. Marchou a Madrid en 1862 para estudar dereito e alí coñeceu a Francisco Giner de los Ríos, que o introduciu no krausismo e con quen frecuentou diversos parladoiros literarios. Desde 1865 colaborou coa Revista del Movimiento Intelectual de Europa e con La Nación, onde realizou retratos literarios de moitas figuras célebres deses anos. En 1868 viaxou a París e coñeceu os grandes novelistas franceses da época. A súa primeira novela, La Fontana de Oro (1867), xa anunciaba o que serían os Episodios nacionales. As dúas primeiras series da obra foron publicadas entre xaneiro de 1873 e decembro de 1879, e tres series máis entre 1898 e 1912. O autor buscaba con esta obra facer a historia novelada de gran parte do s XIX, desde 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica. Durante eses anos tamén participou en política (1886-1890) como deputado no Congreso polo partido de Sagasta....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Comezou a súa carreira en 1913, que desenvolveu en España, Alemaña, Francia, Arxentina e EE UU. Dirixiu Boy (1926), El negro que tenía el alma blanca (1927), La verbena de la paloma (1934), Suspiros de España (1938) e Goyescas (1942), e produciu, entre outros filmes, El mesón del gitano (1970), do que tamén elaborou o guión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristina del Pino Segura Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acetato impuro producido pola acción do ácido piroleñoso sobre un metal ou unha substancia básica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que advirte algo por adiantado.

    2. prodrómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fillo ou á filla que naceu primeiro.

    2. Liña orixinada polo fillo primoxénito da estirpe e continuada polos sucesivos primoxénitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pai ou nai dunha persoa.

    2. Antepasado dunha persoa por liña directa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en microbioloxía e parasitoloxía. Catedrático e xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten numerosas publicacións no eido da microbioloxía. Académico numerario da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, recibiu, entre outros, o Premio Barrié de la Maza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de montes e escritor. Formado na Escola Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidad Politécnica de Madrid, desenvolveu unha intensa actividade cultural e de compromiso con Galicia, e coa defensa do medio natural. Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, secretario do Grupo Histórico-Arqueolóxico Larouco, secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixto e membro fundador da Fundación Curros Enríquez e da Asociación Álvaro das Casas, é xuíz honorario do Couto Mixto (2004). Responsable da posta en marcha do servizo de medio natural de Ourense e xefe do servizo galego de espazos naturais, foi membro do Comité Nacional de Flora y Fauna do ministerio de Medio Ambiente e de EUROPARC, e director-conservador do Parque Natural do Invernadoiro e do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, do que foi promotor e polo que recibiu un recoñecemento internacional. Ademais, coordinou e redactou a Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade. Como escritor ten...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Especie de capote ou hábito rústico, semellante a un saco, e previamente bendicido, que se lle poñía aos acusados cando eran levados ante o tibunal da Inquisición.

      2. Escapulario que se lles poñía aos penitentes reconciliados polo tribunal da Inquisición.

    1. Descrédito, xeralmente infundado, que se fai recaer sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen naceu en segundo lugar, despois do fillo primoxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de ácido selenioso.

    2. Anión de ácido selenioso, de fórmula SeO 2- 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén selenita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao número empregado para numerar os conxuntos infinitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é fillo único.

    2. Relativo a Xesús Cristo, fillo único de Deus e única persoa xerada na Trindade.

    VER O DETALLE DO TERMO