"rami" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 158.

  • Que, sen ser militar, ten estrutura ou disciplina militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión mímica discordante, non adaptada á situación, que é frecuente nos estados esquizofrénicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contracción muscular rápida e brusca.

    2. Doenza hereditaria que comeza na infancia ou mocidade debido á esclerose dos cordóns laterais e dorsais da medula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino vermello que funde a 168°C. Emprégase na preparación de colorantes azoicos, como indicador e como reactivo específico para a albumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pirámide.

    2. Que ten forma de pirámide.

    3. Cada un dos fascículos de fibras nerviosas descendentes nos cordóns anterior e lateral da medula espiñal.

    4. Músculo situado no dorso do nariz, no cello, antagonista do frontal.

    5. Músculo situado na rexión glútea, que se insire no sacro e no trocánter maior, e que funciona como rotatorio e abdutor do fémur.

    6. Terceiro óso da primeira fila do carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro que ten por base un polígono calquera e as outras caras (caras da pirámide), constitúen triángulos que teñen un vértice común (vértice da pirámide). Denomínase triangular, cuadrangular, pentagonal, etc, segundo se a base é, respectivamente, un triángulo, un cuadrilátero, un pentágono, etc. Unha pirámide é regular se a base é un polígono regular e se as caras son triángulos isósceles. A altura dunha pirámide é a distancia do vértice con respecto ao plano do polígono. O volume da pirámide é o terzo da superficie da base pola altura. Cortando unha pirámide cun plano obtéñense dous poliedros, o que contén o vértice é tamén unha pirámide; o outro, que non remata en punta, recibe o nome de pirámide truncada.

      1. Monumento de forma piramidal empregado antigamente en Exipto como sepulcro e polos maias e os aztecas como templo. A pirámide do Sol pertence á civilización mexicana de Teotihuacán, formada por cinco andares de socalcos, xunto coa pirámide da Lúa. Tamén en México, as culturas do golfo e as toltecas edificaron as pirámides de El Tajín (Veracruz) e Tula. Os maias construíronas tamén en Tikal e en Chichén Itzá. No antigo Exipto empregábanse como tumbas dun faraón ou dunha raíña. O seu uso estendeuse posteriormente a Sudán. En realidade, a pirámide exipcia era o centro dun vasto complexo arquitectónico: un templo de recepción, unha rampla ou calzada, a pirámide en si e, finalmente, unha serie de almacéns e edificios. Durante o longo período que estivo en uso, desde o reinado de Djoser I (2737-2717 a C) ata o de Amosis (1570-1546 a C), a pirámide experimentou unha serie de cambios. Ás do Imperio Antigo (2686-2181 a C), auténtica idade das pirámides, pertencen algunhas da dinastía III, como a...

      2. pirámide de chanzos

        Pirámide que presenta, en todas as súas caras, unha sucesión decrecente de chanzos, amodo de escaleira.

      1. Nome aplicado a diversas formacións anatómicas que teñen unha forma semellante á dunha pirámide.

      2. pirámide de Laloulette

        Prolongación superior do istmo do tiroide.

    2. Representación gráfica que consiste nunha pirámide con diferentes niveis, con que se trata de recomendar unha alimentación máis equilibrada, tanto en canto aos tipos de alimentos que se deben consumir, como nas cantidades recomendadas. Na base estarían os carbohidratos procedentes dos cereais (pan, arroz, etc); no primeiro nivel as froitas e as verduras, que achegan vitaminas e fibra; no segundo os lácteos, que proporcionan calcio e proteínas, as carnes e os peixes (con proteínas, ferro, etc); e no último nivel as graxas, aceites e doces, cuxo consumo debe ser moderado.

    3. Histograma dobre simétrico que representa a estrutura por idades e sexos dunha poboación. A partir da súa análise dedúcense moitos datos referentes á historia demográfica do século anterior á data de referencia, en especial aos aspectos relacionados coa natalidade, mortalidade, crecemento natural e real e migracións, e pódense extraer conclusións ou indicios sobre o futuro demográfico desa poboación. Na base refírense datos sobre a cantidade de efectivos, xa sexa en números relativos ou absolutos, contabizándose desde o centro do eixe de ordenadas cara aos dous extremos. O eixe de abscisas é dobre, á dereita recolle o conxunto de mulleres de cada idade, e á esquerda o de homes, ascendendo en grupos quinquenais desde a base cara ao cumio. As pirámides representan a situación demográfica dunha poboación; así, as poboacións subdesenvolvidas ou novas mostran unha base ancha e unha diminución progresiva e regular ata o cumio. Son poboacións con taxas de natalidade e mortalidade elevadas. As...

    4. Diagrama de forma xeralmente piramidal en que se representa a biomasa, os niveis de enerxía ou o número dos organismos de cada nivel trófico dun ecosistema. Os organismos produtores (fotosintetizadores) ocupan a base da pirámide. Por riba deles, existen diversos tipos de consumidores (fitófagos, carnívoros depredadores de herbívoros e carnívoros depredadores de carnívoros). Cada nivel trófico mantense grazas á enerxía que obtén do nivel inmediatamente inferior; cada nivel trófico ten unha produción maior ca o seu nivel inmediatamente superior e menor ca o seu nivel inferior, posto que cada nivel superior se explota con menos intensidade. A pirámide de números representa o número de organismos a cada nivel trófico; a pirámide de biomasa, o peso total dos organismos de cada nivel nun momento dado, e a pirámide de produción, o fluxo de enerxía, coa velocidade con que se produce un alimento e a súa cantidade total.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena pirámide cuadrangular, de pouca altura e ampla base, que xeralmente vai colocada sobre un obelisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado da aminofenazona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Barbanza, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 36’10” latitude N e 8° 56’ 00” lonxitude O. Limita ao N co concello de Porto do Son (comarca de Noia), ao L co de Boiro (comarca do Barbanza), ao S coa ría de Arousa, e ao O co de Ribeira (comarca do Barbanza). Abrangue unha superficie de 32,3 km2, en que acolle unha poboación de 9.923 h (2007) distribuída nas parroquias do Caramiñal, Lesón, Posmarcos, Santiago de Deán ou O Castelo e O Xobre ou O Maño. A capital está na vila da Pobra do Caramiñal, na parroquia do Caramiñal, localizada a 54 km de Santiago de Compostela e a 118 km da Coruña. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Ribeira.
    Xeografía física
    A Pobra do Caramiñal sitúase entre a serra do Barbanza e a ría de Arousa, os dous accidentes orográficos que configuran o seu territorio. A primeira esténdese pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lesón (A Pobra do Caramiñal) sobre o río Pedras. Datada no s XVIII, foi construída en cantaría e conta con tres vans e arcos circulares, posteriormente ancheouse con bóveda de formigón. Atópase na C-550.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne ou arbustiva de 1 a 1,8 m de altura, de follas amplamente ovais, dentadas, tomentosas, e brancas por debaixo, e de inflorescencias pequenas e verdosas. Cultívase en climas cálidos e temperados, para obter a fibra téxtil homónima.

    2. Fibra téxtil de orixe vexetal que se obtén dos talos de rami. É branco, brillante e sedoso, cun aspecto excelente, pero pouco elástico e flexible. Emprégase, só ou mesturado con liño, lá ou seda, para facer toallas, dril ou tapizaría, ademais de cordas ou cordeis moi resistentes á humidade e estopadas para hélices mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ramificarse.

      1. Acción de botar ramas.

      2. Disposición das pólas dunha planta.

      3. ramificación monopódica

        Tipo de ramificación en que o eixe principal domina as ramas secundarias que saen del.

      4. ramificación simpódica

        Tipo de ramificación en que o eixe principal non domina as ramas secundarias.

    2. Cada unha das ramas ou divisións dos vasos e nervios que nacen dun tronco común.

    3. Desdobramento con que se representa a posibilidade de que o núclido poida desintegrarse de dúas maneiras diferentes, nun diagrama de desintegración dun núclido.

    4. Cada unha das cadeas secundarias, simples ou complexas, que teñen orixe na cadea carbonada principal dun composto orgánico.

    5. Cada unha das partes ou divisións dunha cousa ramificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividirse en pólas o talo dunha planta.

    2. Dividirse algo en partes diverxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de rama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abelenda (Avión). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Loureiro (O Irixo) e Lobás (O Carballiño). O seu cumio acada os 830 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO