"seu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • Magnitude definida por un conxunto de elementos tal que se comporta como un tensor nas transformacións entre sistemas de eixes que teñen a mesma orde de axialidade, pero os elementos cambian de signo ao pasaren a un sistema en que a orde dos eixes é diferente da inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das pináceas, ao que pertence o abeto de Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudotensor de primeira orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático francés. Foi profesor de matemáticas en Rennes (1841) e Besançon (1846), e de astronomía na Universidade de París (1857). Astrónomo adxunto do observatorio astronómico de París, efectuou numerosos estudos sobre a mecánica celeste e elaborou unha teoría sobre a orixe da orografía lunar. Pódese considerar como o fundador da teoría das funcións alxébricas de variante complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo funerario de Ramsés II situado na beira oeste do Nilo, fronte a Luxor. Comprendía dous patios, rodeados de columnas, precedidos cada un por un pilono ou porta monumental; unha sala e dous vestíbulos hipóstilos; unha sala e, finalmente, o santuario, con catro columnas cadradas. Fóra había diversas construcións destinadas a almacéns, cuartos dos escribas e dos funcionarios e un arquivo, o palacio de Ramsés II e un santuario de Sethi I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte situado en Amsterdam, que tivo a súa orixe no museo real creado por Luís I de Holanda (Luís Napoleón Bonaparte) en 1808. Tivo diversas sedes ata que foi inaugurado en 1885 un edificio creado en estilo neogótico por P. J. H. Cuypers. Destaca a colección de arte holandesa do s XVII, con obras de Rembrandt, Vermeer ou Pieter de Hooch, a sección de artes industriais, principalmente de cerámica e mobiliario e o Rijksprentenkabinet (Gabinete de Gravados).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato estudantil totalitario creado en 1933 na órbita de Falange Española. Despois   de 1939 converteuse en organismo de afiliación obrigatoria de todos os universitarios e estudantes de escolas medias e profesionais de España. O seu xefe nacional era nomeado polo goberno e era procurador en Cortes. Foi substituído en 1965 por outro sindicato oficial e obrigatorio: Asociaciones Profesionales de Estudiantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (10.887 h [2001]). Destaca pola comercialización dos produtos agrícolas e as industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresa posesión, propiedade ou pertenza dun elemento a unha terceira persoa.

    2. Indica posesión, propiedade ou pertenza dun elemento a unha segunda persoa, con tratamento de respecto ou cortesía.

    3. Expresa aquilo ao que el(es) ou ela(s) pertencen.

    4. Expresa relación afectiva ou familiar.

    5. Expresa o que el(es), ela(s) ou vostede(s) prefire ou o que a estes é propio segundo os estudos, traballo ou actividade.

    6. Expresa aquilo do que el(es), ela(s) ou vostede(s) se serven.

    7. Expresa o lugar onde el(es), ela(s) ou vostede(s) traballan ou estudan.

    8. Expresa algo que lle está dedicado ou reservado.

    9. Expresa o que lle é habitual ou característico.

    10. Expresa valor enfático cando vai acompañando cantidades ou numerais.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de República de Corea, que forma unha provincia propia (605 km2; 9.853.972 h [2000]). Está situada ao NO do país, á beira do río Han e ao pé do monte Pukhan. Durante a dominación xaponesa (1910-1945) foi un gran centro industrial moderno e estendeuse fóra das murallas. Dotada dun novo porto en Inch’ŏn, converteuse no gran centro industrial e comercial do país. Destruída durante a Guerra de Corea, foi rapidamente reconstruída e creáronse novas industrias. Cando os xaponeses destruíron a residencia real de Sunto (s XVI), converteuse na capital real da dinastía Yi. Foi ocupada polos xaponeses en 1910. Capital da República de Corea (1948), a súa poboación aumentou vertixinosamente a causa dos refuxiados procedentes do norte. En 1950 foi ocupada polas forzas norcoreanas e en 1951 polos chineses e norcoreanos. Os aliados recuperárona. Foi sede dos Xogos Olímpicos en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pintor. Fundou a revista Het Overzicht (1921-1925). En 1925 instalouse en París e desde 1951 debuxou a pluma motivos xeométricos en branco: Aforismes (1958). Como escritor, crítico e divulgador da arte abstracta, destacan Ditionnaire de la peinture abstraite (1957) e Le style et le crit (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na École des Beaux-Arts de París (1878-1880), estudou a teoría do contraste simultáneo das cores de Michel-Eugène Chevreul, que tratou de aplicar á pintura, e creou o neoimpresionismo. A súa obra La Baignade à Asnières, rexeitada no Salon de 1884, provocou a fundación do Salon des Indépendents. Destacan Un dimanche après-midi à l’ille de la Grande Jatte (1884-1886) e Le cirque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Brancarense. Establecéronse entre os ríos Miño e Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Lucense. Establecéronse ao longo das dúas beiras do río Miño, ao S da cidade de Lugo, nas actuais Sarria e Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico alemán. Coñecido como Enrique Suso, fíxose dominicano en Constanza e estudou en Estrasburgo e Colonia (1320) con J. Eckart. Acusado de begardo (1330), retirouse a Diesenhofen (1338) e Ulm (1348). A súa obra, caracterizada pola finura poética e a profundidade mística, comprendeu máximas recollidas en Buchlein der Wahrheit (Libro da verdade, 1326) e o tratado Das Buchlein der ewigen Weisheit (O libriño da sabedoría eterna, 1328). Foi beatificado en 1831.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen transita ou vai por un lugar.

      1. Que ou quen está de paso por un lugar.

      2. Que ou quen non posúe residencia fixa no concello no que vive e que non está empadroado nel como residente.

    2. Que é algo transitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en Londres en 1852 co nome de Museum of Ornamental Art ata que en 1899 tomou o seu nome actual. Está formado tamén polo Museum of Childhood e o Theatre Museum. Contén unha rica colección de arte aplicada e decorativa de todas as épocas e estilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, na Beira Alta, Portugal (21.443 h [2001]). Situada á beira do pequeno Pavia, subafluente do Mondego, é un centro agrícola e comercial. De orixe lusitana, foi ocupada sucesivamente polos romanos, os suevos, os visigodos e os musulmáns. Conquistada por Afonso I de Asturias e repoboada por Afonso III (874?), foi reconquistada por Almanzor (997). Afonso V de León morreu alí cando procuraba tomala. (1028). Fernando I de Castela ocupouna definitivamente (1057). Destaca a catedral (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal (5.010 km2; 394.927 h [2001]). A súa capital é Viseu.

    VER O DETALLE DO TERMO