Seúl
Capital de República de Corea, que forma unha provincia propia (605 km2; 9.853.972 h [2000]). Está situada ao NO do país, á beira do río Han e ao pé do monte Pukhan. Durante a dominación xaponesa (1910-1945) foi un gran centro industrial moderno e estendeuse fóra das murallas. Dotada dun novo porto en Inch’ŏn, converteuse no gran centro industrial e comercial do país. Destruída durante a Guerra de Corea, foi rapidamente reconstruída e creáronse novas industrias. Cando os xaponeses destruíron a residencia real de Sunto (s XVI), converteuse na capital real da dinastía Yi. Foi ocupada polos xaponeses en 1910. Capital da República de Corea (1948), a súa poboación aumentou vertixinosamente a causa dos refuxiados procedentes do norte. En 1950 foi ocupada polas forzas norcoreanas e en 1951 polos chineses e norcoreanos. Os aliados recuperárona. Foi sede dos Xogos Olímpicos en 1988.