Ramesseum

Ramesseum

Templo funerario de Ramsés II situado na beira oeste do Nilo, fronte a Luxor. Comprendía dous patios, rodeados de columnas, precedidos cada un por un pilono ou porta monumental; unha sala e dous vestíbulos hipóstilos; unha sala e, finalmente, o santuario, con catro columnas cadradas. Fóra había diversas construcións destinadas a almacéns, cuartos dos escribas e dos funcionarios e un arquivo, o palacio de Ramsés II e un santuario de Sethi I.

Palabras veciñas

ramento | Rameriza, A | ramésida | Ramesseum | Ramey, Samuel | Ramez | rami