ramésida

ramésida

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos faraóns exipcios de nome Ramsés e ao seu período histórico coas súas manifestacións culturais.

  2. período ramésida [HIST]

    Período da historia exipcia dominado polos faraóns de nome Ramsés e que cobre as dinastías XIX e XX. No interior, exceptuando os casos de Sethi I, Ramsés II, Merenptah e Ramsés III, a autoridade do faraón decaeu rapidamente, o que favoreceu a ascensión dos sacerdotes de Ammón. No exterior, o campo de batalla pasou á rexión de Libia con ataques dos pobos do mar e de diversas tribos libias. No campo cultural, a decadencia tamén foi evidente, tanto na relixión como na arte e no campo lingüístico (a ortografía e a sintaxe do neoexipcio, en uso desde o reinado de Akhenaton, apareceron inutilmente recargadas). Pola contra, a literatura do período foi rica, foi a idade de ouro do conto e da poesía amorosa.

Palabras veciñas

Ramenskoje | ramento | Rameriza, A | ramésida | Ramesseum | Ramey, Samuel | Ramez