"sido" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 103.

    1. Relativo ou pertencente ás psilotópsidas.

    2. Planta da clase das psilotópsidas.

    3. Clase de pteridófitas que inclúe só a orde fósil das psilofitais e a orde actual das psilotais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pteridospermópsidas.

    2. Planta fósil da clase das pteridospermópsidas.

    3. Clase de ximnospermas fósiles que viviron desde o Devónico ata o Cretáceo. Eran plantas leñosas, semellantes a fentos. Non tiñan verdadeiras flores, pero si sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quermésidos.

    2. Insecto da familia dos quermésidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos hemípteros, á que pertencen os quermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico polaco. Trasladouse coa súa familia en 1899 a EE UU. Estudou física na Cornell University e doutorouse na Columbia University en 1927, cunha tese sobre as propiedades magnéticas dos cristais, e obtivo a nacionalidade estadounidense. Traballou sobre as propiedades magnéticas e eléctricas do átomo, e ideou o método da resonancia magnética nuclear. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido formado por unha ribosa e unha base nitroxenada que cando se une a un ou a varios grupos fosfatos se transforma en ribonucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido que contén ribosa. Destacan os coenzimas dinucleótidos, como o dinucleótido flavina-adenina (FAD) e o dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Isidoro Acevedo, foi impresor de oficio e ingresou no Partido Socialista Obrero Español (1886) do que chegou a ser secretario. Foi un dos principais promotores da escisión que en 1921 deu lugar ao Partido Comunista Obrero Español (PCOE), motivada pola negativa do PSOE a afiliarse á III Internacional. Exiliouse á Unión Soviética ao finalizar a Guerra Civil Española (1939). Dirixiu El Socialista (1898), La Lucha de Clases (1905-1910) e La Aurora Social (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rósidas.

    2. Planta da subclase das rósidas.

    3. Subclase de plantas, da clase das dicotiledóneas, á que pertencen un gran número de ordes como as das apiais, as proteais, as rafflesiais, as rosais e as sapindais, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Monte (Xove). O seu cumio acada os 537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos seársidos.

    2. Peixe da familia dos seársidos.

    3. Familia de peixes osteíctios, da orde dos clupeiformes, á que pertencen os cabezóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sésidos.

    2. Insecto da familia dos sésidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, sen escamas e con aneis abdominais de cores, que se caracterizan polo seu mimetismo batesiano cos himenópteros e algúns dípteros coa finalidade de aproveitar a súa protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘bo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Fenicia, que corresponde coa actual Ṣ aydā, uns 40 km ao S de Beirut, en Líbano. Documentada no III milenio a C, caeu en poder dos exipcios durante o reinado de Tutmosis III. Ata finais da XVIII dinastía (1567-1320 a C) foi a cidade fenicia máis importante, causa da súa expansión comercial por Siria e pola conca mediterránea. Vítima dos pobos do mar, caeu en poder dos filisteos (1191? a C) e perdeu a súa hexemonía en beneficio de Tiro. Durante o predominio dos asirios, e posteriormente dos neobabilónicos, mantívose fiel. Sometida polos aqueménidas, levantouse en van (344 a C) contra Artaxerxes III. A partir da súa conquista por Alexandre o Grande cambiou diversas veces de mans entre os seléucidas e os tolemaicos. En época romana (66 a C-385) organizouse como república, e no período bizantino (395-667) foi sé dun bispado. Foi conquistada polos árabes en 667. Tomada (1111) por Balduíno I, converteuse na capital do señorío de Sagette. Disputada varias veces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lyon 430? - Clermont-Ferrand, Auvernia 488?) Bispo e escritor galorromano. Os seus escritos, 24 poemas en hexámetros, dísticos elexíacos e hendecasílabos, e 147 cartas, son a única fonte para a historia do período en que viviu. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sináptidos.

    2. Réptil fósil da subclase dos sinápsidos.

    3. Subclase de réptiles que apareceron durante o Carbonífero; foron moi abundantes no Pérmico e extinguíronse durante o Triásico e excepcionalmente no Cretáceo. Incluía as ordes dos pelicosauros e dos terápsidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taquiglósidos.

    2. Mamífero da familia dos taquiglósidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos monotremas, que se caracterizan por ter o corpo arredondado e o pelame duro e rodeado de púas fortes, numerosas e puntiagudas e presentar fociño tubular. Habitan en Australia, Tasmania e Nova Guinea, en lugares ricos en vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos társidos.

    2. Mamífero da familia dos társidos.

    3. Familia de mamíferos de pequeno tamaño, da orde dos primates, coa cabeza redondeada, orellas anchas e membranosas, ollos enormes e rabo moi longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos terafósidos.

    2. Arácnido da familia dos terafósidos.

    3. Familia de arácnidos con numerosas especies de arañas grosas co abdome non segmentado e ringleiras terminais. Son moi velenosas e algunhas mortais para o home. Habitan en rexións tropicais en cavidades do solo e das árbores. Os representantes máis importantes son as mígalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos terápsidos.

    2. Réptil fósil da orde dos terápsidos.

    3. Orde de réptiles fósiles, da subclase dos sinápsidos, que se caracterizan pola aparición progresiva de caracteres de mamíferos, como o padal secundario, a redución do número de ósos da mandíbula inferior e a articulación desta co resto do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO